InicioCentralFozCharlas en Foz sobre nutrición e envellecemento activo para a semana que...

Charlas en Foz sobre nutrición e envellecemento activo para a semana que vén

A concelleira de Servizos Sociais e Benestar, Ana Rojo, explica que “a Deputación de Lugo vén de poñer en marcha o programa Xunt@s en toda a provincia"

Publicada o

- Advertisement -

Foz acollerá a vindeira semana dúas charlas: unha sobre nutrición o mércores e a outra sobre envellecemento activo o venres. Son gratuítas e terán lugar na Casa da Cultura ás 18:00 horas.

A concelleira de Servizos Sociais e Benestar, Ana Rojo, explica que “a Deputación de Lugo vén de poñer en marcha o programa Xunt@s na provincia de Lugo. Neste caso o Concello de Foz colabora coa Deputación desenvolve o programa no noso municipio con diversas charlas, actividades formativas e de lecer”.

Ana Rojo anuncia: “comezamos estas xornadas coa charla do día 3 de abril, mércores, sobre nutrición, alimentación equilibrada e saudable, poñendo en énfase hábitos saudables e de cómo alimentarse en diferentes situacións da vida, dando pautas nutricionais a seguir baixo a presenza de enfermidades asociadas a esta etapa do ciclo vital (hipertensión arterial, diabetes tipo 2, hipercolesterolemia, disfagia, etcétera), tratando de dar información veraz e rompendo mitos nutricionais e alimentarios relacionados coa terceira idade. A segunda xornada será o 5 de abril, venres, e esta charla tratará sobre como envellecer de forma activa, diferenciando entre esperanza e calidade de vida, de cómo previr as patoloxías psicolóxicas e cognitivas, así como a prevención da enfermidade física”.

A concelleira de Servizos Sociais destaca que “estas charlas están impartidas por ponentes profesionais, persoas expertas que nos orientarán nestas materias, informándonos e dando resposta ás dúbidas, verificando a súa veracidade ou non. As charlas, ámbalas dúas son gratuítas están abertas a todo tipo de público, e terán lugar na Casa da Cultura de Foz o mércores 3 de abril e o venres 5 de abril, na mesma franxa horaria: de 18 a 20 horas”.

O alcalde de Foz e deputado provincial, Fran Cajoto, explica que “a pretensión dende a Deputación de Lugo conxuntamente co noso Concello é a de mellorar a calidade de vida e benestar dos veciños con actividades formativas e de lecer, que ademais contribúen á participación cidadá e a envellecer de forma activa no rural”. Ademais agradece á Deputación de Lugo que promova este programa Xunt@s, con diversas actividades e charlas, “facendo partícipe á nosa veciñanza e achegando a todos os veciños e veciñas información importante e determinante a hora de previr enfermidades e para unha boa saúde e envellecer de forma activa”.

ÚLTIMAS

A caída dunha póla causa feridas a un operario no Valadouro na mañá deste mércores

Un operario resultou ferido na mañá deste mércores na localidade lucense do Valadouro tras...

Familiares de usuarios piden reunirse co alcalde de Foz para solucionar a situación da residencia

A Plataforma de afectados pola subida abusiva de tarifas da Residencia e Centro de...

O Concello de Viveiro reclama á Xunta unha reunión para desbloquear proxectos importantes na vila

O Concello de Viveiro reclama á Xunta de Galicia que atenda as súas peticións...

Barreiros e ANPAS presentan a oferta de actividades deportivas e extraescolares

O Concello de Barreiros e as ANPAS dos CEIP dos colexios de San Cosme...