InicioCentralFozFoz abre este mércores o Comercio na Ría organizado por ACIAFOZCCA

Foz abre este mércores o Comercio na Ría organizado por ACIAFOZCCA

E o xoves inícianse as Santas Tapas para dinamizar a hostalería local ao longo das vindeiras xornadas

Publicada o

- Advertisement -

Mañá, mércores, da comezo unha nova edición do Comercio na Rúa, que organiza AciaFozCCA. E o xoves inícianse as Santas Tapas para dinamizar a hostalería local ao longo das vindeiras xornadas.

Os días 27, 28 e 30 de marzo volve un clásico como é o Comercio na Rúa. Nesta nova edición Fóra Stocks danse cita máis de trinta comercios, que ofrecerán promocións e descontos moi interesantes.

En Fora Stocks participan: 5 Lobiños, Alain Afflelou, Antigüedades Álvarez, Arrullos, Briz Peluquería, Calzados Pirde, Cenor Belianorte, Chinela Nenos, Chuvia, Decoraciones Pura, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hedra, Hola Ola, Isla, Koquetas, Librería A Rapadoira, Librería Bahía, Living Sport, Longarela, Lourdes Moda Íntima, Mercería Vera, Mi Casa, Midair Fashion Kids, Ofifoz, Thecé, Unique-2, Vas’s, Vas’s Outlet e Xoguetería Bahía.

Por outra banda, os pequenos bocados elaborados polos sete locais participantes nas Santas Tapas poderanse degustar tanto ao mediodía como pola noite os días 28, 29 e 30 de marzo. Trátase de: Anduriña, Augas Santas, Bar 78, Dandy, Los Dulces de Delphin, Mexideli e Xoyma.

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, subliñou que “o que pretendemos é contar cun aliciente gastronómico e comercial para o disfrute da xente que ven pasar a súa Semana Santa a Foz ou a outras localidades próximas”. AciaFozCCA conta coa colaboración do Concello de Foz e da Xunta de Galicia para a organización destas dúas campañas.

ÚLTIMAS

As Festas do Carme en Porcillán contarán coa colaboración do Concello de Ribadeo

Do 19 ao 21 de xullo celébranse en Porcillán as festas do Carme, que...

Viveiro presenta unha APP que permite ver en 3D as antigas portas da vila

O Concello de Viveiro presentou esta mañá a súa nova APP, que permite experiencias...

X Edición da 1/2 km Vertical Monte Comado en Barreiros

O vindeiro domingo, 21 de xullo, Barreiros acollerá a décima edición da carreira popular...

As xornadas de Historia da Pomba do Arco en Foz abordarán desde a romanización até o nazismo

A casa da cultura Poeta Manuel María de Foz acolle entre 29 de xullo...