InicioCentralFozOs campionatos de baristas do IES de Foz celebraranse a partir do...

Os campionatos de baristas do IES de Foz celebraranse a partir do 21 até o 23 de febreiro

Publicada o

- Advertisement -

Os campionatos de baristas e cata de café do IES de Foz celébranse dende o mércores 21 ata o venres 23 de febreiro no IES de Foz. Estamos na decimosexta edición do campionato de baristas, o decimoprimeiro campionato de cata e o décimo campionato de baristas profesionais.

Un ano máis, superámonos e traemos 18 participantes de oito Comunidades Autónomas: Asturias, Cantabria, País Vasco, Navarra, Castela e León, Madrid, Canarias e Galicia, incluídos dous centros de Educación Especial.

Pero todo isto non é traballo de un só día, nin dunha soa persoa, dende o Ies de Foz sentímonos especialmente orgullosos da estreita colaboración que establecemos con toda a contorna na que traballamos, dende o IES San Rosendo de Mondoñedo que elabora os centros de mesa ata a ACIA de Foz que organiza un sorteo, aproveitando o campionato, entre todos aqueles clientes que degusten café na hostelería local, e sen esquecer, por suposto, as Administracións Públicas.

O evento comenzará o mércores ás 16,30 da tarde coas primeiras intervencións e remata o venres co Campionato de Profesionais. Seguimos co formato usado nos últimos anos: celebración no salón de actos do centro, degustación na nosa furgoneta no exterior do salón e, como novidade este ano, poderase probar o café que elaboren os participantes trala súa intervención. Ademais nesta edición contamos coa colaboración da Organización de Produtores Pesqueiros de Burela que en alianza.coa Asociación de Cociñeiros de Lugo elaborarán receitas con peixe durante a degustación do xoves.

Polo IES de Foz participarán Carmen Barba, na modalidade de Campionato de Cata e Javier Carreño na modalidade de Baristas de escolas, desexámoslle toda a sorte do mundo e, sobre todo, que a experiencia lles sirva para enriquecer e completar a súa formación.

Por último, dar as grazas a toda a comunidade educativa do IES de Foz que colabora xenerosa e activamente para que sexa un éxito, dende o alumnado e profesorado ata o persoal de limpeza e conserxes.

ÚLTIMAS

Foz inviste case 98.000 euros en mellorar camiños de San Martiño e Santa Cilla

O Concello de Foz iniciou os traballos de arranxo de camiños nas parroquias de...

Burela levará a pleno unha nova ordenanza sobre venda ambulante

O Concello de Burela debatirá no vindeiro pleno municipal o texto dunha nova Ordenanza...

Festa labrega en Landrove para este venres coas Olimpiadas Rurais

A parroquia de Landrove será o escenario esta fin de semana da VIII edición...

O comité de Alcoa retomará mobilizacións

O comité de empresa de Alcoa retomará mobilizacións ante a ameaza de despedimentos en...