InicioCentralFozFoz lanza a súa canle de Whatsapp para enviar información municipal

Foz lanza a súa canle de Whatsapp para enviar información municipal

Publicada o

- Advertisement -

A Concellería de Relacións Institucionais, Comunicación e Axenda2030 presenta unha nova forma de conectar directamente cos veciños a través da canle de WhatsApp do Concello de Foz.

Esta aplicación de mensaxaría permitirá aos usuarios consultar as novas municipais de maneira inmediata dende os seus teléfonos móbiles para estar puntualmente informado do día a día municipal.

O concelleiro Carlos García valora moi positivamente o potencial da comunicación a través desta rede pola esixencia dos cidadáns de contar cunha información inmediata, nítida e puntual do seu municipio.

“Queremos contribuír á comunicación clara como técnica que asegura o dereito dos cidadáns a entender o que lles comunica a institución pública contribuíndo de forma directa aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS)”.

“A comunicación clara permite axudar a mellorar problemas de acceso á información pública xerando confianza cidadá na súa administración máis próxima, estimulará a redución das desigualdades porque establece que os documentos públicos e as páxinas web estarán redactados para que se podan entender e usar sen dificultades así como promoverá reorientar os mensaxes con perspectiva de xénero”.

Como sumarse?

Para acceder a esta función é necesario ter a versión actualizada do WhatsApp. As canles ofrecen una modalidade de comunicación unidireccional, o que significa que o Concello de Foz pode enviar mensaxes de información xeral.

Unirse á canle do Concello de Foz en WhatsApp é moi doado. Pódese facer pinchando neste enlace:

https://whatsapp.com/channel/0029Va9PMkaGE56uN6HVgi3P

Se se quere espallar esta información e axudar a que máis veciños se unan a esta nova ferramenta municipal só se ten que compartir o enlace por WhatsApp premendo no desligable da parte superior dereita da canle e elixindo os contactos que se desexe convidar.

Que contidos se recibirán?

Ao sumarse á nova canle municipal haberá un resumo das novidades municipais máis relevantes. Haberá material gráfico e audiovisual que se poderá visualizar garantíndose a cantidade razoable de envíos e o anonimato dos usuarios.

ÚLTIMAS

O xuíz do ‘caso Alcoa’ alonga seis meses máis a investigación sobre a venda das plantas da Coruña e Avilés

O xuíz da Audiencia Nacional que investiga a querela que presentou en 2020 a Confederación...

Alcoa pide “flexibilidade” ao Goberno e sindicatos para “o éxito” da venda de San Cibrao

Alcoa advirte de que "o éxito" de venda do complexo de San Cibrao, no...

Ribadeo pon en marcha o programa ‘Unha escola, un horto’

O Concello pon en marcha o programa Unha escola, un horto en 4 centros...

Burela acolle o XIV Encontro de Palilleiras este sábado

O Concello de Burela acollerá este sábado, día 18 de maio, o seu XIV...