InicioCentralFozInícianse as expropiacións en Cangas de Foz para a construción das rotondas...

Inícianse as expropiacións en Cangas de Foz para a construción das rotondas da N-642

Publicada o

- Advertisement -

O Boletín Oficial do Estado deste luns, 9 de outubro, marca o xoves 2 de novembro como data para o inicio das expropiacións dos terreos necesarios para a construción das dúas rotondas proxectadas polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana na estrada Nacional 642 ao seu paso por Cangas de Foz. O levantamento de actas previas de ocupación levarase a cabo na casa consistorial do Concello de Foz o 2 de novembro entre as 9 e as 14 horas.

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, mostrouse moi satisfeito polo compromiso do Goberno do Estado co Concello. “Levamos feitas moitas xestións na anterior lexislatura e tiveron os seus froitos. Non son promesas nin papeis, coa expropiación dos terreos iniciamos de verdade a construción das rotondas de Cangas”, manifestou Fran Cajoto en relación á expropiación dos terreos para construír dúas rotondas sobre a Nacional 642 na parroquia de Cangas. “Con estas rotondas eliminamos dous puntos negros e facilitamos a mobilidade. O cruce coa estrada a Ferreira é especialmente perigoso: incorporarse desde o Centro Social de Cangas non resulta nada doado. Ademais os veciños de Ribela e a Gralleira ven limitado o acceso ás súas vivendas ao non permitirse o xiro á esquerda sobre a Nacional; con esta actuación imos solucionar este problema”. Son unhas obras que, en palabras do alcalde, teñen unha “gran demanda veciñal”, tanto pola AA VV San Pedro de Cangas como por tódolos habitantes das parroquias máis beneficiadas: Cangas e Cordido.

A obra das dúas rotondas, despois da actualización de prezos, elévase a un orzamento de 720.875,65 euros (IVE incluído). O alcalde fai un repaso da cronoloxía do proxecto: “o 31 de agosto do ano 2022 publicárase no BOE a aprobación provisional do proxecto. A anterior secretaria de Estado, Isabel Pardo de Vera, presentouno en Foz o 13 de xaneiro deste ano e o 23 de marzo publicouse no BOE a aprobación definitiva. Agora iniciamos as expropiacións: co traballo de todos conseguímolo, pero temos que seguir traballando”.

ÚLTIMAS

Os retos da pesca analizados en Burela nas XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar

O XXVII Encontro Empresarial e as XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar celébranse este mércores...

Trabada busca financiamento para reparar a zona dos vestiarios do pavillón afectada polo incendio

O Concello de Trabada continúa traballando na recuperación da zona dos vestiarios do pavillón...

Alarma en Foz por unha liorta con armas brancas

A localidade de Foz viviu momentos de gran tensión a media tarde deste martes,...

Alcoa: reunión de seguimento do acordo de viabilidade para este venres na Coruña

A Secretaría de Estado de Industria convocou unha reunión de seguimento do acordo de...