InicioCentralFozACIAFOZCCA organiza a October Fest do 12 ao 14 de outubro

ACIAFOZCCA organiza a October Fest do 12 ao 14 de outubro

A October Fest foi presentada polo presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, o alcalde focego, Fran Cajoto, e a concelleira de Comercio, Kathy Alonso.

Publicada o

- Advertisement -

AciaFozCCA organiza do 12 ao 14 de outubro a October Fest. Na cita participarán sete locais hostaleiros: Augas Santas, Bar 78, Dandy Restaurante, Marexada, Namarinos, O Muelle Bar e O Tangarte.

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, explicou que “a cervexa vai ser a protagonista desas tres xornadas de festa, que se desenvolverán durante a ponte de outubro. Nos negocios participantes poderemos atopar moitas posibilidades desde as clásicas ata as artesás e de autor”.

Paleo subliñou que “o obxectivo é dinamizar esa ponte na que a Foz e á comarca da Mariña se achegará moita xente aproveitando o inicio do outono e o bo tempo do que seguimos a gozar”.

O presidente de AciaFozCCA dixo que “a nosa asociación participa na campaña do Bono Activa Comercio da Xunta, que xa poderá empregar na ponte de outubro para as compras que se realicen no comercio da nosa vila. Este é outro aliciente máis para achegarse a Foz do 12 ao 14 deste mes”.

A October Fest foi presentada polo presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, o alcalde focego, Fran Cajoto, e a concelleira de Comercio, Kathy Alonso. Está organizada por AciaFozCCA, que conta coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz.

ÚLTIMAS

O PP ofrece unha suba importante de votos na Mariña segundo os datos do 18F

Galicia é diversa. A nosa terra é un territorio onde nada ten que ver a...

Cervo recupera a panorámica da Atalaia derrubando parte do esqueleto dun edificio

O Concello de Cervo inicia este ano 2024 acadando un obxectivo ambicioso perseguido desde...

A concelleira de Cultura de Foz cre que o PP quere acabar co Entroido

A concelleira de Cultura en Foz, Inés López Couto, manifesta que “os intereses partidistas...

O TS estuda este mércores o recurso da defensa da viaxe de ‘El Pequeño Nicolás” a Ribadeo

O Tribunal Supremo (TS) estudará este mércores o recurso que presentou a defensa de...