InicioCentralFozA campaña 'Céntimo Solidario' desenvolverase en Foz entre o o4 e o...

A campaña ‘Céntimo Solidario’ desenvolverase en Foz entre o o4 e o 17 de maio

O céntimo solidario vai destinado á Asociación Española Contra el Cáncer.

Publicada o

- Advertisement -

AciaFozCCA colaborará por sexto ano consecutivo coa delegación local da Asociación Española contra o Cancro, a través da campaña Céntimo solidario, que se desenvolverá do 4 ao de 17 maio.

Pilar García representante da AECC en Foz, o presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, o concelleiro de Comercio, Chema Linares, e o alcalde de Foz, Fran Cajoto, foron os encargados de presentala.

Nos establecementos participantes haberá huchas destinadas aos donativos que os seus clientes queiran depositar.

José Carlos Paleo agradece “o traballo realizado durante todo o ano pola delegación local da Asociación Española contra o Cancro. Desde AciaFozCCA tamén queremos un ano máis colaborar e poñer o noso gran de area co Céntimo Solidario porque toda axuda é importante”. O presidente de AciaFozCCA anima “á clientela dos negocios focenses a participar nesta campaña. A xente respondeu ven os anos anteriores e agardamos que neste 2023 tamén o fagan”. O Concello de Foz colabora con AciaFozCCA nesta campaña, que foi presentada hoxe.

ÚLTIMAS

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...

O sector pesqueiro reclama a Bruxela levantar o veto sobre o palangre “pedra-bola”

CEPESCA, Europêche e OPP Burela reclamaron este mércores no Parlamento Europeo unha modificación urxente...

PP de Lugo acusa ao Goberno de “esconder o seu incumprimento” coa autovía da Mariña

O senador do PP pola provincia de Lugo José Manuel Balseiro acusou ao Goberno...