InicioCentralFozAsinado en Foz o convenio entre Concello e Consorcio de Igualdade para...

Asinado en Foz o convenio entre Concello e Consorcio de Igualdade para transmisión da residencia de maires

O Concello explica que “continúa a ser titular do servizo para evitar a condición ilegal e inmoral que lle impuxo a Xunta de Galicia de botar fóra a traballadores e residentes, a pesar de que as competencias e a propiedade do edificio son da Xunta de Galicia".

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz asinou hoxe, xoves, co Consorcio Galego de Igualdade e Benestar o convenio que inclúe a transmisión da titularidade do edificio da residencia de maiores e centro de día.

O Concello explica que “continúa a ser titular do servizo para evitar a condición ilegal e inmoral que lle impuxo a Xunta de Galicia de botar fóra a traballadores e residentes, a pesar de que as competencias e a propiedade do edificio son da Xunta de Galicia. O Consorcio só respondeu aos requirimentos do Concello do ano 2020 dous anos despois, tras a insistencia do Concello de Foz na comunicación. O abandono da Xunta das súas competencias sen compensación económica provoca un sobre esforzo económico ás veciñas e veciños de Foz, nunha residencia de só 40 prazas que ten un lista de agarda de máis de 150 persoas”.

O Concello de Foz engade que “o convenio, asinado hoxe pero con efectividade do 17 de xaneiro, permite licitar a nova concesión. Para preparar toda a documentación e os pregos de licitación xa foi contratada unha consultoría, que está a realizar o traballo técnico nestes momentos. O Concello tamén traballa nos aspectos formais da continuidade do servizo tras as manifestacións da actual concesionaria de abandono das súas obrigas, a pesar do mandato do pleno extraordinario do 21 de decembro de 2022. O servizo continuará nas mesmas condicións e cos mesmos profesionais, compromiso que se adquiriu en sendas reunións cos traballadores e familiares dos residentes mantidas a principios desta semana”.

ÚLTIMAS

Pastor Fábrega Álvarez: “O castro de Cabo Burela pode dar moitas sorpresas por estar moi ben conservado”

  Esta é a primeira prospección arqueolóxica que se realiza no Cabo de Burela? Si, é...

María José Barreira, PSOE do Valadouro: “a resposta de por que o concello non cumpre con Facenda é botar balóns fóra”

— Cal é o motivo polo cal o Concello do Valadouro é considerado como...

O novo libro dos Bolechas dedicado á multiculturalidade de Burela

O Concello de Burela presentou este venres na Praza da Mariña o libro Os...

Morre un home en Foz por un incendio nunha vivenda da localidade

Unha persoa perdeu a vida este xoves tras producirse un incendio nunha vivenda situada...