InicioCentralFozEspectáculo de Circo Chosco cos seus Forzu2 en Foz para este venres

Espectáculo de Circo Chosco cos seus Forzu2 en Foz para este venres

A concelleira de Xuventude e Deportes, Gema Méndez Leivas, anima a gozar do primeiro día sen colexio cun espectácilo no que o humor e o absurdo son os fíos que tecen a trama dun dúo de atletas, cómplices que se compenetran realizando trucos imposibles diante do público.

Publicada o

- Advertisement -

A colaboración entre as áreas de Cultura da Deputación Provincial de Lugo e a Delegación de Xuventude e Deportes do Concello de Foz, permitirá traer para o vindeiro venres 23 de decembro espectáculos de malabares, clown e moito humor da man do Circo Chosco e os seus Forzu2.

Será no CEIP O Cantel, ao que agradecemos a súa disposición, a partir das 11:30h, e aberto a todo o público.

A concelleira de Xuventude e Deportes, Gema Méndez Leivas, anima a gozar do primeiro día sen colexio cun espectácilo no que o humor e o absurdo son os fíos que tecen a trama dun dúo de atletas, cómplices que se compenetran realizando trucos imposibles diante do público. Risco, desastre, sorpresa e surrealismo crúzanse coa impecable técnica en forma de portés, acrobacias aéreas, malabares imposibles e lume. Sempre en formato de clown, Circo Chosco realizan os seus impresionantes números agochándose baixo a apariencia de superacróbatas, de grandes magos ou de malabaristas matematicamente perfectos.

ÚLTIMAS

Recorren o arquivo do caso da Maruxaina

A asociación Mulleres en Igualdade, Bumei, recorreu a decisión do Tribunal de Instancia de...

A Asociación de Comerciantes da Pontenova intégrase na FCAM

A Asociación de Comerciantes da Pontenova acaba de integrarse na FCAM. Desde a Federación...

‘A Mariña, Unha Viaxe Á Identidade’, proposta da Mancomunidade para Fitur 2026

A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense presentará este xoves, 22 de xaneiro, en...

A Plataforma Sanitaria da Mariña presenta a manifestación para o 1 de febreiro en Santiago

O centro de saúde de Barreiros foi o escenario elexido pola Plataforma Sanitaria da...