InicioCentralBurelaA xornada "Eu Como Peixe" animou ao alumnado do CEIP Virxe do...

A xornada “Eu Como Peixe” animou ao alumnado do CEIP Virxe do Carme de Burela a consumir produtos do mar

A xornada consistiu nunha charla divulgativa sobre os beneficios de comer peixe, impartida pola nutricionista Alba Vila, que ademais dos seus centros de dietética en Burela e Foz, tamén coordina os menús dalgún colexio da zona.

Publicada o

- Advertisement -

En colaboración coa Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela, a nutricionista Alba Vila celebrou o pasado mércores 7 de decembro a xornada divulgativa “Eu Como Peixe” dirixida aos nenos e nenas de seis a oito anos do Colexio Plurilingüe Virxe do Carme de Burela.

A xornada consistiu nunha charla divulgativa sobre os beneficios de comer peixe, impartida pola nutricionista Alba Vila, que ademais dos seus centros de dietética en Burela e Foz, tamén coordina os menús dalgún colexio da zona.

Os pequenos amosáronse moi atentos durante a presentación, seguindo os debuxos e explicacións sobre algunhas das principais especies da lonxa de Burela: pescada do pincho de Burela, peixe sapo, peixe espada, cabala e bonito do norte; e aprendendo as principais diferencias entre o peixe azul e o peixe branco.

No acto participaron uns 30 alumnos de primeiro e segundo de educación primaria, que ao final da charla recibiron un regalo en forma de mandil e gorro de chef cos que prometeron que axudarán a cociñar moito peixe nas súas casas.

Esta acción da Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela inclúese no su plan de produción e comercialización, en colaboración con Armadores de Burela e está cofinanciada pola Xunta de Galicia e o FEMP.

ÚLTIMAS

José Leal: “O Cantábrico galego estaba moi esquecido na historiografía galega, por iso quixen escribir sobre el”

-Por que escribiches este traballo sobre a pesca no Cantábrico de Lugo? Sobe o Cantábrico...

Viveiro anuncia o comezo da Enquisa de Poboación e as Vivendas 2026

O Concello de Viveiro informa de que a Delegación Provincial do Instituto Nacional de...

Mariña Patrimonio e Xebra preparan unha visita guiada a Santo Estevo do Ermo

O centro social Xebra e a asociación Mariña Patrimonio organizan unha visita guiada a Santo...

Antonio Rey, directivo do Xove FS: “Cada tempada hai que reinventarse porque cada día competir é máis complicado”

  -Como entraches nesta aventura do Xove Fútbol Sala? Durante o ano 2009 xuntámonos varios amigos...