InicioCentralBurelaNova acción de alfabetización para adultos en Burela destinada a persoas estranxeiras

Nova acción de alfabetización para adultos en Burela destinada a persoas estranxeiras

O obxectivo é que estas persoas poidan mellorar a súa vida social e laboral.

Publicada o

- Advertisement -

O Programa de Inmigrantes do Concello impartirá desde mañá unha nova acción formativa de alfabetización de adultos e adultas para a aprendizaxe dos idiomas que se falan en Galicia, segundo deu a coñecer a concelleira de Inmigración, Cooperación e Integración, Noelia Mª Ben. Está destinada ás persoas estranxeiras e o seu obxectivo é contribuír ao seu bo desenvolvemento tanto na vida social como laboral.

A edil burelesa explica que “o Programa de Inmigrantes da Concellería de Inmigración, Cooperación e Integración vai organizar de novo unha acción formativa de alfabetización de adultos/as para a aprendizaxe dos idiomas da nosa comunidade. Está financiada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo e comezará mañá, 1 de decembro”.

Noelia Mª Ben indica que “con esta formación trátase de axudar a lograr unha adquisición lingüística favorable para o bo desenvolvemento tanto na vida social como laboral das persoas estranxeiras, xa que entendemos que o bo coñecemento e o bo uso do idioma é un dos motores principais para a integración integral”.

ÚLTIMAS

O Foro Económico de Viveiro trasládase a xaneiro de 2027 pola convocatoria das eleccións xerais

A celebración do Foro Económico de Viveiro, que estaba programada inicialmente para finais deste...

As ANPA trasladan as necesidades dos centros educativos ao Concello de Viveiro

O Concello de Viveiro mantivo este luns unha reunión con representantes das asociacións de...

Apoio á folga do 11N desde a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña anunciou o seu apoio á...

O BNG da Mariña chama a participar na manifestación do 11N en Burela

O Consello Comarcal do BNG na Mariña fai un chamamento á cidadanía para sumarse...