InicioCentralBurelaDúas mulleres detrás do nacemento da Asociación de Pesca Recreativa de Burela

Dúas mulleres detrás do nacemento da Asociación de Pesca Recreativa de Burela

Reprentantes da Asociación xa se reuniron co alcalde e a concelleira de Mar, así como cos restantes partidos políticos para conseguir o seu apoio. Tamén se reuniron co capitán da Garda Civil do cuartel de Burela e está prevista unha reunión con Portos.

Publicada o

- Advertisement -

A asociación de Pesca Recreativa Burela nace da man de duas mulleres, Ana Argiz, presidenta, e Gloria González, secretaria, xunto con Antón Valdés como tesoureiro. Xunto a eles tres estarán os vogais “que se encargarán de conseguir os retos marcados pola Asociación”.

A nova asociación nace logo de que en “xuño tanto Portos de Galicia como a empresa madeireira concesionaria botaron ós pescadores do peirao comercial, cando se levaba un ano convivindo sin ningún problema“.

Segundo a nova asociación, esta decisión provocou a masificación do resto das escasas zonas permitidas de pesca. Tamén houbo pescadores que intentaron pescar noutras zonas sen actividade. En ditas zonas a actividade de pesca recreativa non estaba permitida, isto provocou a súa expulsión con advertencia ou sanción por parte da Garda Civil. “Outros pescadores optaron por irse a outros concellos ou mesmo Asturias”.

A Asociación de pesca Recreativa Burela nace coa intención de chegar a acordos coas diferentes partes, apoiados por unha masa social e doutras asociacións, colectivos e a maioría do pobo de Burela. Tamén de impulsar a pesca recreativa responsable e sostible, ensinando valores e dando a coñecer unha afección a cativos e demáis personas interesadas.

Reprentantes da Asociación xa se reuniron co alcalde e a concelleira de Mar, así como cos restantes partidos políticos para conseguir o seu apoio. Tamén se reuniron co capitán da Garda Civil do cuartel de Burela e está prevista unha reunión con Portos.

 

ÚLTIMAS

Héitor Picallo: “As Crónicas Compostelanas deron a imaxe negativa de dona Urraca que chegou até hoxe”

-A súa conferencia en Ribadeo vai tratar sobre a figura das raíñas galegas. Nesta...

Merluza D& Burela, única frota de altura certificada “pescaenverde”

A frota de palangre demersal da Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela...

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

A X Foliada Nordestía animará San Cibrao o 28 de marzo

San Cibrao acollerá o sábado 28 de marzo a X Foliada Nordestía, unha edición...