InicioCentralBurelaBurela acolle a VII edición do Festival Alas de Vida esta fin...

Burela acolle a VII edición do Festival Alas de Vida esta fin de semana para recadar fondos para a asociación Debra

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, destacou "que é un evento solidario que vai da man do deporte e que leva moitos anos contando coa participación da xente, moi importante para conseguir sensibilizar sobre a doenza "pel de mariposa"".

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela acolleu esta mañá a presentación da sétima edición do festival benéfico deportivo Alas de Vida, que se celebrará esta fin de semana co obxectivo de recadar fondos para a asociación Debra Pel de Mariposa. Presentaron esta nova edición o alcalde de Burela, Alfredo Llano, o presidente da asociación Fanto Fantini, Diego Campos, e o representante de Alas de Vida, Kiko Muñoz.

O sábado 24 de setembro realizarase un paseo solidario de 3 km con saída na Praza da Mariña ás 16:30h e unha festa infantil para os máis pequenos e pequenas. O domingo 25 de setembro a xornada comezará cunha andaina ás 9:30h que precederá ao trail de 14 km saíndo ás 10:30h, ambos da Praza da Mariña.

Tanto para o paseo, como para a andaina e o trail, é preciso inscribirse na web https://inscripciones.empa-t.com/inscripcion/carreras-solidarias-alas-de-vida-2022-1/inscripcion_datos/?lang=es

Esta iniciativa que chega á súa sétima edición despois dun parón pola pandemia pretende non só recadar fondos para apoio á asociación da pel de mariposa, senón tamén visibilizar esta catalogada como enfermidade rara.

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, destacou “que é un evento solidario que vai da man do deporte e que leva moitos anos contando coa participación da xente, moi importante para conseguir sensibilizar sobre esta enfermidade”, valorando o festival benéfico deportivo como “unha iniciativa extraordinaria da que estou moi orgulloso e moi agradecido por toda a implicación”.

Pola súa banda, Kiko Muñoz explicou “que o noso proxecto foi elexido nunha liña que vincula as enfermidades raras co deporte e que nos permite o financiamento con fondos europeos, acadando un paso importante que redunda positivamente na integración das persoas que padecen esta enfermidade”, agradecendo así mesmo “a grande colaboración do pobo tanto a nivel económico como tamén persoal, o que nos fai ter unha satisfacción maior despois de todo o traballo realizado”.

ÚLTIMAS

Detido en Ribadeo o presunto autor dun roubo con forza na casa dun familiar

A Garda Civil detivo na localidade lucense de Ribadeo un veciño de Trabada, de...

A Carreira de Reis en Barreiros recadou 600€ para a asociación Saúde Mental A Mariña

A Carreira solidaria de Reis, organizada polo Concello de Barreiros, logra recadar 667 euros...

Balance positivo de ACISA da XIV Festa do Comercio en Ribadeo

Acisa fai un balance moi positivo da XIV Festa do Comercio, que reuniu o...

O 2 de marzo partirá de Ribadeo a IV Edición da Peregrinación ‘O Camiño do Mar Concello a Concello’

O vindeiro 2 de marzo partirá de Ribadeo a cuarta edición da peregrinación O...