InicioCentralBurelaBurela renova a pista do pavillón de Vista Alegre con pavimento deportivo

Burela renova a pista do pavillón de Vista Alegre con pavimento deportivo

O equipo feminino do Pescados Rubén Burela FS estreará esta pista de parqué completamente nova co partido que disputarán o sábado pola tarde contra o Sala Zaragoza.

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, e o concelleiro delegado en Deportes, Ramiro Fernández, supervisaron o acabado da obra de mellora na pista deportiva do pavillón municipal de Vista Alegre, para a que se destinaron un total de 86.991,64 euros de fondos propios.

Nas últimas semanas procedeuse á retirada do chan de madeira existente para o posterior subministro e colocación dun pavimento deportivo de madeira laminada, rematando os traballos co marcado e pintado perimetral desta pista polideportiva de baloncesto, fútbol sala e balonmán.

Tanto o alcalde como o tenente de alcalde amosáronse satisfeitos co resultado dun espazo “que precisaba dunha mellora pola súa antigüidade e o elevado uso deportivo, co fin de que tanto os equipos de fútbol sala como o club de baloncesto podan adestrar nunhas instalacións de calidade”.

O pavimento instalado é de madeira área-elástico, o máis axeitado para multiusos de interiores e alta competición en baloncesto, balonmán e futsal, cumprindo cos requisitos da Normativa de Estándares Europeos. Segundo afirmou o edil de Deportes, “era unha actuación moi solicitada polos clubes, polo que seguimos cumprindo co compromiso de mellorar as instalacións deportivas e apoiar o deporte”.

A mellora do chan do pavillón tamén “evitará lesións nos deportistas”, explicou Fernández, conseguindo con esta obra que “a instalación municipal adquira unha categoría importante equiparable aos pavillóns de calquera cidade”, destacou.

O equipo feminino do Pescados Rubén Burela FS estreará esta pista de parqué completamente nova co partido que disputarán o sábado pola tarde contra o Sala Zaragoza.

Ramiro Fernández aseverou que “seguiremos impulsando accións nas instalacións deportivas para que a práctica do deporte teña a mellor calidade posible”, anunciando que “en breves agardamos ter boas novas respectou doutras instalacións da localidade”.

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Barreiros pide aplicar o “Modelo Muras” para as compensacións polo parque eólico Mondigo

  A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, adiantou hoxe, tras coñecer o anuncio feito pola...

A ampliación do Hospital da Mariña avanza con 33,5 millóns e máis espazo en urxencias, UCI e consultas

O Hospital Público da Mariña continuará coa súa ampliación a través das fases 2...

Convenio entre Viveiro e Portos de Galicia para ordenar o tráfico na rúa Porto de Celeiro

O Concello de Viveiro e Portos de Galicia asinaron un convenio de colaboración...

Ribadeo contará cun novo solo residencial para 300 vivendas, a maioría protexidas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a delimitación dun novo ámbito...