InicioCentralBurelaA Asociación Esperanza de Burela cualifica como positivo o balance das súas...

A Asociación Esperanza de Burela cualifica como positivo o balance das súas actividades na loita contra o cancro

Dende a asociación sinalan que “pretendemos que os nosos socios e socias se manteñan activos. Por iso non só lles pedimos colaboración para as actividades, senón que organizamos actividades para eles, como foron os cursos de pintura e costura; cursos que continuaremos organizando para o vindeiro outono/inverno”.

Publicada o

- Advertisement -

A Asociación Esperanza de apoio e loita contra o cancro de Burela considera “positivo o balance de actividades levadas a cabo dende comezos do outono pasado ata esta primavera, con varias actividades que tentaron que a veciñanza se achegara máis á asociación”.

Para Esperanza, “o acto co que a asociación está máis satisfeita é coa celebración do Día Muncial contra o cancro; elaboramos unha alfombra floral coa colaboración de ‘Burela Floral’, e percibimos o apoio de moitos veciños e veciñas e practicamente todos os colectivos do concello”.

Dende a asociación “pretendemos que os nosos socios e socias se manteñan activos. Por iso non só lles pedimos colaboración para as actividades, senón que organizamos actividades para eles, como foron os cursos de pintura e costura; cursos que continuaremos organizando para o vindeiro outono/inverno”.

Ademais de participar no mercadillo organizado polo Concello, Esperanza destaca tamén a viaxe de vintetrés socios e socias da mesma dentro do programa “Coñece a túa provincia” organizado pola Deputación Provincial. A Asociación tamén lle agradece ao Concello de Burela a colaboración prestada cando foi requerido, e especialmente a entrega de 1.000€ por mor dunha campaña de reciclaxe.

Pero Esperanza tamén quere destacar o incremento da masa social do colectivo: “neste período incrementamos case que un 10% o número de socios, xa que estamos a rondar os 400. Iso danos máis forza para seguir a traballar polo obxectivo derradeiro do noso colectivo, incrementar os fondos adicados á investigación contra o cancro no noso país, e a iso se destinaron 4.000€ dende Esperanza no que vai de ano 2022. Lembramos que unha persoa asociada ao noso colectivo paga ao ano 12€, que nos serven para cubrir os gastos de mantemento da asociación e a organización de actividades, e enviar todo o demais á investigación con esta enfermidade. Por iso, e porque esta enfermidade nos pode tocar a todos antes ou despois, é polo que pedimos o apoio da cidadanía burelá”.

ÚLTIMAS

Comezan as licitacións para o viaduto de Celeiro e a variante de Viveiro por 40 millóns

O Goberno galego deu luz verde definitiva ao contrato de servizo para o deseño...

Santiago González, tirador de arco: “Hai que lembrar que un arco é unha arma, por iso se debe ter unha licenza para levalo”

  -Vés de gañar o Campionato Galego de Tiro con Arco. Cal é a orixe...

A Xunta recollerá mostras na Mariña para o proyecto Xenoma

A Xunta iniciará o próximo 16 de xuño, martes, a toma de mostras da...

Foz inviste máis de 200.000 euros no campo de fútbol de Malates

O Concello de Foz ten en marcha as obras de renovación do céspede artificial...