InicioCentralBurelaPescadores recreativos de Burela piden ao alcalde que asine o convenio de...

Pescadores recreativos de Burela piden ao alcalde que asine o convenio de colaboración con Portos de Galicia

Piden que o concello negocie con Portos a ampliación de zonas actualmente prohibidas, e outras permitidas como son o peirao comercial.

Publicada o

- Advertisement -

Un grupo do colectivo de pescadores recreativos do Porto de Burela presentaron este luns no rexistro do Concello 1.500 sinaturas pedíndolle ao alcalde que asine o convenio de colaboración con Portos de Galicia, así como xa fixeron diferentes concellos como o de Cervo, e así poder aumenta-las zonas de pesca no porto.

Na recollida de sinaturas involucrouse ao comercio local, así como os pescadores pois a pesca recreativa trae riqueza para os diferentes segmentos da economía local tan afectada nestes tempos de post pandemia e crise.

Piden que o concello negocie con Portos a ampliación de zonas actualmente prohibidas, e outras permitidas como son o peirao comercial onde se estivo pescando un ano fóra de horas de traballo sen ningún tipo de incidentes, e que, segundo o colectivo de pescadores recreativos, por presións da empresa concesionaria pechouse o acceso a pescadores e poder facer ofrendas e rezos á Virxe do Carme, situada ó fondo do espigón e que tanta devoción ten no pobo.

ÚLTIMAS

O PP ofrece unha suba importante de votos na Mariña segundo os datos do 18F

Galicia é diversa. A nosa terra é un territorio onde nada ten que ver a...

Cervo recupera a panorámica da Atalaia derrubando parte do esqueleto dun edificio

O Concello de Cervo inicia este ano 2024 acadando un obxectivo ambicioso perseguido desde...

A concelleira de Cultura de Foz cre que o PP quere acabar co Entroido

A concelleira de Cultura en Foz, Inés López Couto, manifesta que “os intereses partidistas...

O TS estuda este mércores o recurso da defensa da viaxe de ‘El Pequeño Nicolás” a Ribadeo

O Tribunal Supremo (TS) estudará este mércores o recurso que presentou a defensa de...