InicioCentralBurelaA Asociación de Veciños "O Vencello" de Burela reclama maior implicación do...

A Asociación de Veciños “O Vencello” de Burela reclama maior implicación do Concello no mantemento de espazos públicos

A Asociación de Veciños "O Vencello" de Burela sinala o abandono que sofren os paseos marítimos e "outras áreas verdes e de lecer das que dispoñemos na vila, todas elas nun estado de abandono máis que evidente".

Publicada o

- Advertisement -

A Asociación de Veciños “O Vencello” de Burela  presentou esta semana un escrito no rexistro municipal para expoñer “só algunhas das carencias máis significativas no Concello e que levamos expoñendo reiteradamente nas distintas xuntanzas mantidas co Alcalde, Alfredo Llano e co tenente de Alcalde, Ramiro Fernández”.

Segundo “O Vencello” a falta de mantemento pódese ver “na zona recreativa do Cantiño, cuxa área de mesas está nun estado ruinoso cos seus valados rotos“. A mesma asociación sinala que aínda que “esta área forma parte do espazo competencial de Costas, a responsabilidade directa do seu mantemento é do Concello”. A mesma asociación sinala o abandono que tamén sofren os paseos marítimos e “outras áreas verdes e de lecer das que dispoñemos na vila, todas elas nun estado de abandono máis que evidente”.

ELEVADOR XULGADO DE PAZ

Tamén apuntan a necesidade de reparación do elevador na antiga praza de abastos, “que debería dar servizo ás dependencias do xulgado de paz e noutras dependencias, como Gaia ou a Fundación Expomar”.

Lembran que este elevador é único acceso que teñen veciños con mobilidade reducida para realizar trámites ou consultas nas oficinas públicas que alí se atopan. En relación a isto, “O Vencello” asegura que “segundo conversa mantida o pasado 6 de maio co señor Ramiro Fernández, os traballos para arranxar este ascensor xa están adxudicados”.

A Asociación de Veciños valora positivamente o anuncio do concelleiro e “só esperamos que a súa posta en marcha non se alongue máis do debido, porque en todo este tempo o Concello non ten feito nada, salvo anuncios e propaganda”.

ANTIGA CASA DE TÉLEFONOS EN PERIGO DE DERRUBO

Por último, solicitaron ao equipo de goberno que actúe na coñecida como «A casa de Teléfonos»; inmoble situado na avenida Arcadio Pardiñas que albergou as instalacións da Compañía Nacional de Teléfonos ata a década dos anos 70 do século pasado.

Segundo a asociación, o inmoble está nun estado de ruína e ameaza con caer polo seu peso, “sen que o Concello faga nada ao respecto e co conseguinte perigo para os viandantes e os vehículos que pasan a diario fronte del“.

ÚLTIMAS

Cervo reforza a coordinación para garantir a seguridade en citas do verán

  O Concello de Cervo acolleu este luns a reunión da Xunta Local de Seguridade,...

O Bal y Gay ofrece este 2026 a súa edición máis ambiciosa consolidando A Mariña como referente da música clásica

A rolda de prensa para a presentación da nova edición do Festival Bal y...

Morre un home nun accidente de tráfico en Trababa por unha saída de vía

Un home de 64 anos faleceu nun accidente de tráfico no municipio lucense de...