InicioCentralBurelaBurela asina un convenio de colaboración coa USC para a investigación de...

Burela asina un convenio de colaboración coa USC para a investigación de minerais contra o cancro

O alcalde, Alfredo Llano, declarou que “foi unha xornada moi interesante e vese que hai seriedade e moitas gañas de facer cousas sobre todo no campo da investigación, neste caso do cancro”.

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde, Alfredo Llano, asistiu nas últimas horas na Facultade de Veterinaria en Lugo á presentación do proxecto de investigación de minerais contra o cancro. O rexedor anuncia un convenio de colaboración para poder axudar ao seu desenvolvemento.

Llano contou que “tiven a oportunidade de asistir á presentación do proxecto de investigación de minerais contra o cancro, no salón de actos da Facultade de Veterinaria. Xa estiveron en contacto con nós no Concello e imos facer un convenio de colaboración con este departamento da Facultade de Veterinaria para poder axudar todo o que poidamos neste proxecto que cremos que é o moi necesario, moi bo para toda a poboación e que precisa da colaboración de todas as institucións, incluso de todas as persoas que poidan axudar neste aspecto”.

O alcalde de Burela explicou que “onte fíxose unha exposición do que se pretende, o tempo que vai levar e a poboación que vai ser investigada. Parécenos que iso repercute moi positivamente na loita contra o cancro e ademais penso que vai derivar tamén nunha mellor formación para establecer a alimentación máis adecuada para evitar enfermar de cancro ou os que enfermen poidan curarse antes. Así que entendo que neste proxecto debemos estar e vamos apoiar, se podemos economicamente, pero sobre todo con infraestrutura e na loxística que poidan necesitar no noso concello. E animar á xente a que se presenten cando soliciten voluntarios para diversas probas”.

Para Alfredo Llano “foi unha xornada moi interesante e vese que hai seriedade e moitas gañas de facer cousas sobre todo no campo da investigación, neste caso do cancro”.

ÚLTIMAS

Acepta prisión por cinco anos logo de ser detido por levar cinco quilos de cocaína no seu coche en Ribadeo

Cinco anos de prisión e unha multa de 1.231.004,71 euros, é a condena que...

A Plataforma Pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo denuncia que Renfe prioriza Asturias tras os seus cambios internos

A Plataforma Pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo puxo de manifesto que o principal problema...

Xulgan dúas persoas por un traballador morto tras ser alcanzado por unha barra de ferro en Xove

A causa pola morte dun traballador de 45 anos nun accidente laboral ocorrido en...

Presentado en Burela o Iberdrola Surfing Day

  A Presidenta da Deputación e Alcaldesa de Burela, Carmela López, participou hoxe na presentación...