InicioCentralBurelaO alcalde de Burela defende que as familias que van ser desafiuzadas...

O alcalde de Burela defende que as familias que van ser desafiuzadas queden ata 2029

Lembra que son vivendas de protección da Xunta e así figuraba nas condicións.

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, reivindicou este luns que ata o ano 2029 tense que “garantir” a vivenda a tres veciños dun edificio situado no número seis da rúa Cantábrico, que poderían ser desafiuzadas esta semana pola Sareb ou banco malo.

En concreto, o 27 de xaneiro vence o prazo para o desaloxo deste tres veciños nese inmoble de 16 vivendas que conta con protección autonómica da Xunta desde o ano 2004.

Llano enunciou que “ata o 2029 ten que garantirse que se esta xente quere continuar no edificio continúe”. “Sería moi dramático que cambie o titular do edificio e ese novo titular marque outros prazos cando se debe de cumprir a normativa e ata o 2029 non se deberían (os inquilinos) mover de aí”, abundou.

O rexedor de Burela lembrou que “das 16 ocupacións que había, agora quedan tres porque o resto buscou a vida polas condicións que lles esixían”. Estes “buscaron outra alternativa e fóronse ata quedar tres (familias) e o resto foise asentando noutros lugares do concello” de Burela.

Quedaron tres veciños coa garantía de que se lles vai a renovar ata 2029“, insistiu. Alfredo Llano apuntou que se trata dun edificio “moi céntrico, á beira da igrexa” e volveu a incidir en que é un inmoble que ten “protección autonómica desde o ano 2004 e o que accedía a un piso tiña que cumprir unhas condicións”.

Dito isto o alcalde de Burela subliñou que “esta situación vén determinada polo imperativo do capital sobre as persoas e iso si que non pode ser porque hai que defender o dereito das persoas sobre o capital”, concluíu.

ÚLTIMAS

Fran Cajoto: “O PXOM aprobouse despois de esperar seis anos polos permisos de Augas de Galicia”

-Por que se tardou tanto en aprobar o PXOM de Foz? Houbo un cambio de...

Adolfo Corral: ‘O SERGAS di que a asistencia sanitaria na Mariña está garantida, nós dicimos que non é certo’

-Ademais do persoal que traballa no centro hospitalario de Burela, ás concentracións acoden tamén...

Foz celebra a Festa do Berberecho o sábado 26 de abril

O próximo sábado, día 26 de abril chega de novo a Festa do Berberecho...

Xebra! celebrará a presentación do libro ‘Diário comboio’ de Raquel Miragaia

O centro social Xebra! acolle este venres 25 de abril a presentación de 'Diário...