InicioCentralBurelaParten para Cabo Verde os xoguetes e roupa recollidos en Burela

Parten para Cabo Verde os xoguetes e roupa recollidos en Burela

A campaña de recollida de xoguetes foi organizada pola Fundación Expomar e pola Concellería de Inmigración, Cooperación e Integración.

Publicada o

- Advertisement -

Os  xoguetes e roupa recollidos en Burela con destino Cabo Verde partiron en furgoneta rumbo a Vigo para entregar ás nenas e aos nenos do arquipélago. Desde o peirao vigués nun contedor a mercadoría viaxará en barco ata o Porto de Mindelo, na Illa de Sao Vicente.

A campaña de recollida de xoguetes foi organizada pola Fundación Expomar e pola Concellería de Inmigración, Cooperación e Integración.

A edil Noelia María Ben agradeceu unha vez máis a colaboración “aos coles, ás garderías, á Fundación Expomar, onde fixemos a recollida máis no Concello e a toda a xente de Burela que colaborou. Estamos encantados a solidariedade que houbo”.

A concelleira de Inmigración e Cooperación lembrou que “tamén son peza fundamental nesta iniciativa os armadores bureleses de palangre de superficie que faenan nos caladoiros atlánticos das augas de Cabo Verde, xa que ofrecen os colectores dos seus buques para facer chegar directamente o material recadado ata o Porto de Mindelo, na Illa de Sao Vicente”.

ÚLTIMAS

As queixas pola comida na residencia da Pontenova motivo de reunión do BNG cos usuarios

Ante as queixas xurdidas novamente na vivenda comunitaria de A Pontenova polo servizo de...

ACIAFoz sorteará unha cesta entre os clientes máis cafeteiros de 10 locais focegos

AciaFozCCA sorteará unha cesta entre os clientes máis cafeteiros de 10 locais hostaleiros. Esta...

A Garda Civil investiga a tres persoas por deliti de ameazas e inxurias

A Garda Civil investiga na localidade lucense da Pontenova os tres presuntos autores de...

Burela dá por rematadas as obras de mellora no abastecemento da rúa Lamestra

O Concello de Burela informa do remate das obras de ampliación e mellora da...