InicioCentralBurelaBurela avanza no seu obxectivo para ser recoñecida como cidade amiga da...

Burela avanza no seu obxectivo para ser recoñecida como cidade amiga da infancia

Xa comezaron as xuntanzas de traballo, segundo deu a coñecer a concelleira de Servizos Sociais.

Publicada o

- Advertisement -

A concelleira de Servizos Sociais de Burela Carmela López anunciou que “tivemos unha reunión telemática con responsables de Unicef que se baseou nuns puntos que nos marcaron para postularnos como Cidade Amiga da Infancia“. De outorgarse este título, Burela sería a primeira vila de Lugo en telo. En Galicia nestes momentos hai 10.

A concelleira burelesa explicou que “para conseguir ese recoñecemento pídennos primeiramente facer unha promoción de participación infantil para o que se crea un órgano que se chama Consello de Participación Municipal Infantil”. Este órgano ten un regulamento propio e participa na toma de decisións de maneira continuada. Para López este punto “parece moi interesante e niso xa estamos, cos encontros que manterán con Alejandro Ramos, dinamizador experto en grupos de participación”.

A edil de Servizos Sociais engadiu ademais que “é necesario traballar nun plan de infancia, que elaborarán os técnicos do Concello, para o que crearemos un grupo de traballo”. O plan de infancia recolle un diagnóstico de partida e indicar cantos nenos e nenas viven en Burela, o número de centros educativos e os recursos de que dispón o Concello. O plan avaliaría diferentes indicativos do que temos e o que necesitamos mellorar.

Carmela López engadiu ademais que “temos un prazo mínimo dun ano para facer todo este traballo e postularnos. Despois Unicef decidirá se cumprimos todos os requisitos e nos recoñecen como Cidade Amiga da Infancia ou non”.

De momento xa se realizou o primeiro obradoiro de formación cun grupo de rapaces e rapazas. Xunto a eles estiveron o alcalde, Alfredo Llano, a concelleira de Servizos Sociais, Carmela López, a concelleira de Igualdade, Noelia Mª Ben, e o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández.

ÚLTIMAS

O presidente da República de Cabo Verde recibe á alcaldesa de Burela no pazo presidencial

O Presidente da República de Cabo Verde, José María Neves, vén de recibir á...

Héitor Picallo: “As Crónicas Compostelanas deron a imaxe negativa de dona Urraca que chegou até hoxe”

-A súa conferencia en Ribadeo vai tratar sobre a figura das raíñas galegas. Nesta...

Finalizan en Ribadeo as Xornadas Profesionais de Corresponsabilidade

Coa presentación este mediodía do Decálogo Local pola Corresponsablidade remataron en Ribadeo as Xornadas...

Nenos e nenas das Escolas Deportivas de Barreiros saíron ao campo acompañando a xogadores do CD Lugo

As nenas e nenos das Escolas Deportivas Municipais de Barreiros foron protagonistas este sábado...