InicioCentralBurelaAberto o prazo de inscrición en Burela para o taller de danza...

Aberto o prazo de inscrición en Burela para o taller de danza e movemento

As prazas son limitadas aínda que non hai un número definido. Segundo evolucione a inscripción, así se irá vendo os grupos que se poden establecer.

Publicada o

- Advertisement -

A Escola Municipal de Música de Burela abre un taller de danza e movemento que se impartirá do 25 ao 29 de outubro a cargo da profesora Marina Rojas. Na cita, que foi presentada este mediodía, poden participar nenas e nenos a partir de 4 anos, adolescentes e tamén adultos.

O concelleiro de Cultura, José Díaz, explicou que esta actividade quere mostrar a danza como outra matería dentro da Escola de Música e por iso se baralla a idea de incluíla na oferta do curos 2022-2023. Díaz sinala que a opción de danza está resultando “moi atractiva entre a xente máis nova”.

Díaz engadiu que a esta actividade poden apuntarse nenos de catro anos para adiante, adolescentes e adultos. As prazas son limitadas aínda que non hai un número definido. Segundo evolucione a inscripción, así se irá vendo os grupos que se poden establecer. Para inscribirse hai que chamar á Casa da Xuventude al 982 58 11 41.

No acto de presentación participaron o concelleiro de Cultura, José Díaz, o director da Escola Municipal de Música de Burela, Xan Carballal, e a profesora Marina Rojas.

ÚLTIMAS

A Xunta autoriza a planta de residuos non perigosos de Ribadeo aínda que recoñece “aumento de pó e ruido”

A Xunta formulou o informe de impacto ambiental do proxecto de ampliación do centro...

A Mariña sentirá a potencia dos motores co seu VIII Rally que se celebrará esta fin de semana

Esta tarde presentouse en Viveiro a oitava edición do Rally da Mariña Lucense, que...

Fundación Expomar presenta o novo formato das súas xornadas técnicas

A Fundación Expomar, co cofinanciamento da Consellería do Mar da Xunta de Galicia e...

O PP de Foz vota en contra da creación dun PAC en Foz: “o modelo actual funciona”

O Partido Popular de Foz no p en contra da proposta presentada pola esquerda...