InicioCentralBurelaOs centros educativos de Burela conmemoran o Día da Non Violencia con...

Os centros educativos de Burela conmemoran o Día da Non Violencia con diversas actividades

O Concello de Burela conmemorará o Día Internacional da Non Violencia, que é o 2 de outubro, con actividades nos centros educativos do municipio, algunhas delas este venres.

Publicada o

- Advertisement -

A concelleira de Servizos Sociais de Burela, Carmela López, anunciou que este curso que o Concello conmemorará o Día Internacional da Non Violencia con diferentes actividades en centros educativos. Ademais de entregar os trípticos informativos do Protocolo para o Bo Trato á Infancia a todas as familias, nas escolas infantís traballarán a través de cancións a importancia da expresión afectiva e emocional.

Así, o alumnado de Educación Infantil recibirá o conto O monstro azul, para que traballen nas aulas aspectos relacionados coa convivencia e as relacións persoais. Pola súa parte, o alumnado de 3º e 4º de Primaria dos colexios de Burela asistirán a un contacontos no auditorio municipal este venres, día 1 de outubro, sobre a mesma temática.

Alumnos e alumnas de 1º de ESO dos institutos asistirán a unha charla dinámica sobre comunicación asertiva dentro das familias tamén este venres. Consistirá basicamente en analizar os diferentes estilos comunicativos a través de dinámicas, vídeos, etcétera, coa finalidade de que os/as rapazas comprendan a importancia de manter unha comunicación positiva dentro dos fogares e as repercusións que esta pode ter.

Ao final da sesión proporáselles aos rapaces que realicen vídeos curtos nos que empreguen expresións de comunicación positiva e asertiva “nos diferentes idiomas que se falan en Burela, co fin de posteriormente editalo e poder difundilo nas diferentes redes sociais”.

Carmela López engadiu que “tamén se farán accións deste tipo ao longo do curso traballando outros aspectos como poden ser a prevención da violencia dentro das familias”. Tamén se traballarán outros puntos como a prevención de diferentes tipos de adiccións, a importancia da educación emocional e a prevención de trastornos que poden afectar aos menores, educación en igualdade e promoción de hábitos de vida saudable.

As charlas nos institutos serán impartidas por Concepción Pernas (técnica de Integración de Inmigrantes), Cristina Cayón (psicóloga do Centro de Información ás Mulleres do Concello de Burela), Arminda Lusquiños (traballadora social do Centro de Saúde burelés) e a educadora familiar municipal Noelia Legaspi. Todas elas forman parte do equipo multidisciplinar que asinou o Protocolo para o Bo Trato á Infancia.

Carmela López, acompañada por Noelia Legaspi, repartiu libros nos Ceips Vista Alegre e Virxe do Carme para a conmemoración do Día Internacional da Non Violencia.

ÚLTIMAS

Fran Cajoto: “O PXOM aprobouse despois de esperar seis anos polos permisos de Augas de Galicia”

-Por que se tardou tanto en aprobar o PXOM de Foz? Houbo un cambio de...

Adolfo Corral: ‘O SERGAS di que a asistencia sanitaria na Mariña está garantida, nós dicimos que non é certo’

-Ademais do persoal que traballa no centro hospitalario de Burela, ás concentracións acoden tamén...

Foz celebra a Festa do Berberecho o sábado 26 de abril

O próximo sábado, día 26 de abril chega de novo a Festa do Berberecho...

Xebra! celebrará a presentación do libro ‘Diário comboio’ de Raquel Miragaia

O centro social Xebra! acolle este venres 25 de abril a presentación de 'Diário...