InicioCentralBurelaUn total de 8 artistas decorarán o muro do peirao de Burela

Un total de 8 artistas decorarán o muro do peirao de Burela

Entre a programación prevista para a Feira do bonito destcan oss concertos de Luar na Lubre, Tribu Folk e Eladio y Los seres Queridos.

Publicada o

- Advertisement -

A quinta edición do Certame Internacional de Pintura Mural Amarte chega a Burela para decorar o muro do peirao. Dende este xoves 5 ata o domingo día 8 de agosto ás 11.00 horas, 8 artistas internacionais plasmarán nese lugar as súas creacións.

O Certame Amarte coincide todos os anos coa Feira do Bonito, pero que este ano, igual que o pasado, non se celebrará no seu formato habitual por mor da covid. No seu lugar, 20 locais hosteleiros ofrecerán tapas, menús e racións elaboradas con bonito de Burela. O concelleiro de Cultura de Burela, José Díaz, afirmou que a pesar das circunstancias se realizarán “actividades seguras que homenaxeen esta Feira de interese turístico nacional dende o 2019″.

Ademais, a vila acollerá outras actividades paralelas como un concurso de selfies -cuxos premios se entregarán o domingo-, un obradoiro de grafiti para nenas e nenos a partir de 9 anos e unha actuación do Mago Antón. Pola súa banda, Luar na Lubre, Tribu Folk e Eladio y Los seres Queridos animarán con música as rúas de Burela. Para os concertos recoméndase previa inscrición na Casa da Cultura.

ÚLTIMAS

José Leal: “O Cantábrico galego estaba moi esquecido na historiografía galega, por iso quixen escribir sobre el”

-Por que escribiches este traballo sobre a pesca no Cantábrico de Lugo? Sobe o Cantábrico...

Viveiro anuncia o comezo da Enquisa de Poboación e as Vivendas 2026

O Concello de Viveiro informa de que a Delegación Provincial do Instituto Nacional de...

Mariña Patrimonio e Xebra preparan unha visita guiada a Santo Estevo do Ermo

O centro social Xebra e a asociación Mariña Patrimonio organizan unha visita guiada a Santo...

Antonio Rey, directivo do Xove FS: “Cada tempada hai que reinventarse porque cada día competir é máis complicado”

  -Como entraches nesta aventura do Xove Fútbol Sala? Durante o ano 2009 xuntámonos varios amigos...