InicioCentralBurelaA impresionante xeoloxía da Mariña, un xeito de atraer turismo

A impresionante xeoloxía da Mariña, un xeito de atraer turismo

Burela quere atraer turistas ofertando catro rutas xeoturísticas para este verán.

Publicada o

- Advertisement -

Xeoloxía e turismo. Esa é a combinación coa que Burela pretende activar a súa economía durante o verán. Trátase de carto rutas xeolóxicas: a da Marosa, do Perdouro, do Cantiño ou do Monte Castelo, adaptadas aos tempos da pandemia.

Estas rutas xeolóxicas permite descubrir o conxunto de pregues mellor conservado de toda Galicia, unhas estruturas xeolóxicas de máis de 300 millóns de anos de antigüidade, e orixinadas por mor da Oroxenia Varisca, salientable acontecemento xeolóxico da Era Paleozoica. Así como os fermosos arcos rochosos do Perdouro, a rasa cantábrica, superficie achairada que comeza en Burela e se estende por boa parte do Cantábrico; ou o contacto co  granito de San Cibrao na zona de Castrelo.

Estas rutas terán lugar durante 22 días desde principios de xullo ata mediados de setembro. O edil de turismo, Ramiro Fernández Rey, di que decidiron apostar “fortemente” por este tipo de turismo activo, xa que as edicións anteriores deron uns resultados moi bos.

Esta é unha das principais novidades que imos ter no ámbito turístico durante este ano, pero estamos planificando outras actividades, que agardamos que funcionen ben. Estamos esperanzados en que sexa un bo ano para o turismo a pesar da pandemia”, sinalou.

O edil lembrou que as Xeorutas puxéronse en marcha no ano 2016 e desde entón están a funcionar moi ben. As persoas interesadas en realizar algunhas das rutas xeolóxicas poden informarse no teléfono 982 888 506.

ÚLTIMAS

O PP ofrece unha suba importante de votos na Mariña segundo os datos do 18F

Galicia é diversa. A nosa terra é un territorio onde nada ten que ver a...

Cervo recupera a panorámica da Atalaia derrubando parte do esqueleto dun edificio

O Concello de Cervo inicia este ano 2024 acadando un obxectivo ambicioso perseguido desde...

A concelleira de Cultura de Foz cre que o PP quere acabar co Entroido

A concelleira de Cultura en Foz, Inés López Couto, manifesta que “os intereses partidistas...

O TS estuda este mércores o recurso da defensa da viaxe de ‘El Pequeño Nicolás” a Ribadeo

O Tribunal Supremo (TS) estudará este mércores o recurso que presentou a defensa de...