IniciosociedadeViveiro rexistra ventos de 133 quilómetros por hora e Burela de 112

Viveiro rexistra ventos de 133 quilómetros por hora e Burela de 112

A estación viveirense de Penedo do Galo alcanzou a cifra máis alta de Galicia este sábado

Publicada o

- Advertisement -

A estación meteorolóxica de Penedo do Galo, en Viveiro, rexistrou na mañá deste sábado refachos de vento que alcanzaron os 132,9 quilómetros por hora, o maior valor en toda Galicia, segundo os datos de Meteogalicia.

Tamén superou os 100 quilómetros por hora a estación de Burela, por riba dos 112. A Mariña manterase esta fin de semana en alerta amarela por mor dun temporal que xa obrigou a modificar o horario da Queima dos Fornos da Pontenova.   

Punta Candieira (Cedeira), con máis de 107; A Gándara (Vimianzo), 106,9, e Punta Langosteira (Arteixo), por riba dos 104.

ÚLTIMAS

Ampla oferta da UNED de Viveiro para o curso 2026/2027 con formación adaptada a varias etapas vitais

A Aula Universitaria da UNED en Viveiro encara o inicio do novo curso académico...

A Academia Xacobea incorpora a John Rutherford e Manuel Valín, ambos moi vinculados a Ribadeo e á Mariña

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou este domingo na sesión da...

Cortes na estrada de Xove ao Portiño de Morás por obras do 13 ao 16 de outubro

A Deputación de Lugo informou de cortes na LU-P-2601 desde o martes 13 de...