InicioCulturaA ópera Madame Butterfly chega a Burela o 2 de novembro

A ópera Madame Butterfly chega a Burela o 2 de novembro

As entradas estarán dispoñibles desde o luns e o prezo das localidades oscilará entre os 15 e os 20 euros

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela sacará á venda o vindeiro luns as entradas para Madame Butterfly, a ópera de Giacomo Puccini que chegará á casa da cultura o 2 de novembro.

As localidades estarán dispoñibles desde as 11.00 horas en ataquilla.com e os prezos oscilarán entre os 15 e os 20 euros -para anfiteatro 1-. O goberno local reservará 100 entradas para vender o mesmo día do evento. O espectáculo comezará ás 20.30 horas, interpretado pola Ópera Nacional de Moldavia. Neste enlace podes ver toda a información do evento. MADAMA BUTTERFLY (1)

“OPORTUNIDADE ÚNICA”

O edil de cultura, José Díaz, subliña que se trata “dunha das óperas máis importantes da historia da música, entre as oito máis interpretadas do mundo. Tela tan cerca nestes pequenos concellos non é doado, pois soe estar en cidades como A Coruña, Oviedo ou Madrid. É unha oportunidade única”, conclúe.

ÚLTIMAS

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...

Cervo apoia ao CEIP Península da Paz nun novo plan de acción de Alcoa

O Concello de Cervo colaborou co CEIP Península da Paz e co persoal voluntario...

O Concello de Foz agrade a Transportes a licitación para a mellora na intersección da Corredoira

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, felicitouse este luns co anuncio da Demarcación de...

Alfoz celebra o XXXII Festival da Terceira Idade o 25 de outubro

O Concello de Alfoz celebrará o vindeiro domingo 25 de outubro o XXXII Festival...