InicioPolíticaA ampliación do hospital non estará lista ata outubro, segundo Infraestruturas

A ampliación do hospital non estará lista ata outubro, segundo Infraestruturas

A consellería sinala que faltan solos, instalacións, carpintería interior e a renovación da parte vella do centro

Publicada o

- Advertisement -

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda asegura que as obras de ampliación do Hospital da Costa rematará a finais de setembro. Isto supón un retraso de case tres meses sobre as previsións do Servizo Galego de Saúde (Sergas), que no pasado mes de marzo anunciou que as actuacións estarían listas en xuño.

Segundo fontes da consellería, as actuacións no tocante á estrutura están listas, así como o aparcadoiro e o heliporto. Ficarían por rematar os solos, instalacións e a carpintería interior e unha última fase da actuación que comprende a renovación de 30 cuartos no hospital existente.

a mediados de marzo, o sergas asegurou que a obra estaría rematada en xuño

Segundo avanzou o Sergas, a ampliación suporá un incremento de 1.700 metros cadrados -ata acadar os 4.500- na área de hospitalización, con 24 habitacións. Tamén haberá máis locais de consulta, gabinetes de exploración e unha sala de cirurxía menor. A última parte da obra consistirá na renovación de 30 cuartos do inmoble actual.

A ORGANIZACIÓN DE SERVIZOS, MÁIS MESES

A partir do remate das actuacións comezaría a organización dos servizos que se van trasladar á parte nova do hospital, un período que podería durar varios meses.

ÚLTIMAS

Ribadeo acolle o 16 de outubro o primeiro encontro forestal do Noroeste

Ribadeo acollerá o 16 de outubro o I Encontro Forestal do Noroeste no que...

Reunión de confrarías do Cantábrico Noroeste en Foz

A Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo organiza esta semana unha nova...

Dúas alumnas de Foz participan no Campionato Mundial de Pizza Picante en Italia

Marta Chao e Kiara Cabado, alumnas de segundo ano do Ciclo Medio de Cociña...

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...