IniciosociedadeProduart xuntará en Burela a produtores artesáns e ecolóxicos

Produart xuntará en Burela a produtores artesáns e ecolóxicos

A feira será do 3 ao 5 de agosto e a Fundación Expomar abriu o prazo para que as empresas se anoten

Publicada o

- Advertisement -

Produart celebrará a súa décimo sexta edición os días 3, 4 e 5 de agosto no porto de Burela. A Fundación Expomar, que preside o alcalde burelés, Alfredo Llano, impulsa a feira de produtos artesáns e ecolóxicos.

A exposición abrirá o venres, a partir das 17.30 horas, e a entrada ao recinto será de balde. A feira coincidirá coa Feira do Bonito, que organiza a asociación cultural Ledicia o 4 de agosto.

A entidade organizadora abriu o prazo para anotarse na cita, de xeito que as empresas relacionadas con sector artesán e coa produción ecolóxica están a tempo de poñer un posto na exposición. O teléfono de contacto é o 610.57.41.88, e o mail xerencia@expomar.com.

ACTIVIDADES PARALELAS

A organización está a traballar no programa de actividades paralelas que se desenvolverá no recinto. Haberá degustacións, talleres para nenos, conferencias e demostracións en vivo.

ÚLTIMAS

Ribadeo acolle o 16 de outubro o primeiro encontro forestal do Noroeste

Ribadeo acollerá o 16 de outubro o I Encontro Forestal do Noroeste no que...

Reunión de confrarías do Cantábrico Noroeste en Foz

A Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo organiza esta semana unha nova...

Dúas alumnas de Foz participan no Campionato Mundial de Pizza Picante en Italia

Marta Chao e Kiara Cabado, alumnas de segundo ano do Ciclo Medio de Cociña...

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...