IniciosociedadeVeciños de Burela visitan o Congreso dos Deputados

Veciños de Burela visitan o Congreso dos Deputados

Integrantes das asociacións A Moncloa e Ledicia acompañan ao alcalde en Madrid para promocionar a Feira do Bonito

Publicada o

- Advertisement -

A asociación de xubilados do mar A Moncloa, xunto con representantes da asociación cultural Ledicia e o alcalde de Burela, o socialista Alfredo Llano, visitaron o venres o Congreso dos Deputados. A expedición burelesa adentrouse no Palacio das Cortes e percorreu as instalacións. O colectivo foi recibido por dous deputados lugueses do PP, Jaime de Olano e Joaquín García Díaz.

DEGUSTACIÓN

Este sábado, ás 20.00 horas, haberá unha degustación de bonito no restaurante madrileño Burela. Alí, a comitiva burelesa explicará aos asistentes os pormenores da pesquería do túnido e a súa importancia para a economía do concello. Tamén falarán do barco boniteiro-museo Reina del Carmen, a única sala expositiva flotante de España.

O obxectivo da campaña de promoción de Burela en Madrid é conseguir a declaración de festa de interese turístico nacional para a Feira do Bonito, que se celebra a principios de agosto.

ÚLTIMAS

Alcoa destaca a seguridade da balsa de lodos vermellos tras presuntas fugas denunciadas por veciños

Un veciño da parroquia de Lago gravou a inicios desta semana unha presunta fuga...

Burela participará no II Encontro Internacional de Mulleres Electas en Cabo Verde

A alcaldesa de Burela e presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, acompañada pola concelleira de Economía, Patricia...

O grupo de gaitas Dambara de Burela estará no desfile de San Patricio en Madrid co apoio da Deputación

O grupo de gaitas da Asociación Cultural e Musical Dambara de Burela será o...