IniciosociedadeAndrea López gaña o concurso de carteis da Feira do Bonito

Andrea López gaña o concurso de carteis da Feira do Bonito

Burela, Mondoñedo ou Viveiro mostraron os seus recursos gastronómicos, paisaxísticos e culturais en Turexpo

Publicada o

- Advertisement -

A Mariña Lucense mostrou o seu potencial turístico en Turexpo, a feira de referencia do sector celebrada en Silleda. Concellos como Burela, Mondoñedo ou Viveiro fixéronse notar na cita con degustacións gastronómicas e presentacións dos recursos culturais, paisaxísticos e naturais de cada municipio.

Ducias de persoas acudiron á degustación de bonito ofrecida polo Concello de Burela e pola asociación Ledicia. En poucos minutos esgotáronse as racións do príncipe azul que foi presentado en albóndegas, en pastel e en empanada.

Ata Silleda se desprazou o alcalde, Alfredo Llano, para asistir a este acto que se desenvolveu a poucos metros do stand no que de Burela amosou as súas potencialidades turísticas.

Llano salientou que en Turexpo “demos a coñecer a feira do bonito, as festas patronais ou as xeorrutas. Repartíronse centos de dípticos sobre toda a oferta turística e gastronómica que poden atopar en Burela. Trátase dunha boa forma de dar a coñecer onde está o noso pobo e todo o que facemos aquí”, remarcou.

CERTAME DE LEDICIA

Ledicia tamén deu a coñecer os gañadores do concurso de carteis da Feira do Bonito. Lin Vizoso López gañou na categoría de ata 14 anos, polo que o seu deseño protagonizará o programa de man.

O cartel será obra de Andrea Gómez Pardo, que foi a gañadora na categoría de maiores de 14 anos.

Degustación de pescada e pan dos apóstolos no posto de Viveiro. AXM

VIVEIRO

Tamén contou con posto propio na feira o Concello de Viveiro, que dispuxo xunto coa Xunta de Confrarías unha exposición sobre a Semana Santa, e tamén unha degustación de pescada do pincho e de pan dos apóstolos, doce típico da celebración relixiosa.

Así mesmo, o goberno local aproveitou a presenza de arredor de 30 tour operadores de varios países para impulsar unha visita ao municipio, con visitas guiadas polos recursos turísticos.

A alcaldesa, Elena Candia, no stand de Mondoñedo. AXM

MONDOÑEDO

Mondoñedo, outro dos municipios que contou con stand, tamén se fixo notar en Turexpo. En Salimat, o salón gastronómico do evento, o chef Bruno Pena, da Horta da Paula, participou dun showkcooking.

Semana Santa, San Lucas, As Quendas ou Mercado Medieval foron algunhas das citas promocionadas no posto mindoniense.

ÚLTIMAS

José Leal: “O Cantábrico galego estaba moi esquecido na historiografía galega, por iso quixen escribir sobre el”

-Por que escribiches este traballo sobre a pesca no Cantábrico de Lugo? Sobe o Cantábrico...

Viveiro anuncia o comezo da Enquisa de Poboación e as Vivendas 2026

O Concello de Viveiro informa de que a Delegación Provincial do Instituto Nacional de...

Mariña Patrimonio e Xebra preparan unha visita guiada a Santo Estevo do Ermo

O centro social Xebra e a asociación Mariña Patrimonio organizan unha visita guiada a Santo...

Antonio Rey, directivo do Xove FS: “Cada tempada hai que reinventarse porque cada día competir é máis complicado”

  -Como entraches nesta aventura do Xove Fútbol Sala? Durante o ano 2009 xuntámonos varios amigos...