O Concello informa de que mañá, martes 3 de novembro, non haberá servizo de recollida de residuos, limpeza viaria nin xestión do punto limpo con motivo da celebración de San Martín de Porres, patrón do sector da recollida de residuos.
O concelleiro de Obras e Benestar Comunitario, Ramiro Fernández Rey, aproveitou para lembrar “a todas as veciñas e veciños que teñan en conta este cambio á hora de xestionar os seus residuos para evitar acumulacións e molestias. A colaboración de todos é fundamental para que os servizos funcionen correctamente”.
O Concello lembra que a recollida retomará o seu horario habitual a partir do mércores 4 de novembro e agradece de antemán a colaboración da cidadanía para contribuír ao coidado e mantemento dos espazos públicos e á limpeza do municipio.
