InicioCentralBurelaBurela pide cautela ante a vaga de roubos na comarca e concello...

Burela pide cautela ante a vaga de roubos na comarca e concello e non dificultar o traballo dos axentes

O goberno local mantén como prioridade a protección cidadá e comprométese a dar conta dos avances tan axiña como o desenvolvemento do proceso xudicial e policial o permita.

Publicada o

- Advertisement -

A vaga de roubos notificada nos últimos días en diversos puntos da comarca da Mariña, entre os que se inclúe o concello de Burela, está a causar inquietude entre a poboación local, particularmente entre as vítimas destes delitos.

Ante esta situación, a Policía Xudicial xa ten en marcha unha investigación para dar cos autores e aclarar as circunstancias de cada un dos sucesos. Como apoio fundamental a estes traballos, o Concello de Burela pon a disposición das forzas e corpos de seguridade —tanto da Garda Civil como do propio corpo municipal— as 15 cámaras de videovixilancia coas que conta a localidade, un recurso chave para a obtención de probas e a identificación dos sospeitosos.

Malia a lóxica demanda de información por parte dos veciños, faise un chamamento á cautela á hora de difundir datos sobre o caso, co obxectivo de non interferir nas pescudas nin dificultar o labor dos axentes. O goberno local mantén como prioridade a protección cidadá e comprométese a dar conta dos avances tan axiña como o desenvolvemento do proceso xudicial e policial o permita.

ÚLTIMAS

As ANPA trasladan as necesidades dos centros educativos ao Concello de Viveiro

O Concello de Viveiro mantivo este luns unha reunión con representantes das asociacións de...

Apoio á folga do 11N desde a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña anunciou o seu apoio á...

O BNG da Mariña chama a participar na manifestación do 11N en Burela

O Consello Comarcal do BNG na Mariña fai un chamamento á cidadanía para sumarse...

Melloras no centro de día residencia en Cervo por case 50.000 euros

  O Concello de Cervo iniciou unha nova actuación de acondicionamento e renovación interior no...