-En que consiste o Iberdrola Surfing Day Burela, son diferentes probas de surf?
Ben, o día 12 de setembro faremos un campionato local que se chamará Trial Burela Surf Club. O gañador deste campionato competirá o día 13 no nacional. Isto tanto para mulleres como para homes. O campionato será masculino e feminino. O que se intenta co campionato como co Iberdrola Surfing Day é darlle visibilidade ao surf feminino dentro da Mariña.
-Por que ten pouca visibilidade ou por que credes que ten pouca visibilidade o surf feminino?
Na Mariña non hai moitas rapazas que surfeen e isto sucede en moitas disciplinas deportivas onde existe unha presenza masculina maioritaria.
-Este encontro ten apoio da Deputación de Lugo e Concello de Burela. En que vos axudan estas dúas institucións?
Nós somos colaboradores. A Deputación e a Federación son os principais executores do do programa, dos Surfing Days. Nós o club da praia onde se celebra o campionato. A nosa colaboración pasa por facer bautizos de xeito gratuíto,organizando o campionato local, e intentando dar visibilidade á nosa zona.
-Cando naceu o Burela Surf Club e até o momento que fitos ten conseguido?
Pois naceu no 2023 e os principais fitos que conseguimos, entre outros, está traer aquí grandes surfistas de nivel nacional a nivel internacional, como pode ser Aritz Aranburu ou Kepa Acero para dar charlas. Por outra banda, comenzamos tamén a facer clases de surf na Marosa, pois isto é algo que nunca se fixera anteriormente en Burela ter unha escola de surf propia da zona para os rapaces da zona. Ademais, comenzamos a facer un podcast para darlle visibilidade a todos os surfistas da Mariña e de Burela, quen foron os nosos mestres e así agradecerlles o seu apoio. O podcast chámase Ventrecha Surfcast.
-Apuntaches bautismos de surf como se organizan e como se realizan?
Pois dentro deste encontro haberá catro bautizos. Distriburánse durante os dous días e serán 12 persoas as bautizadas e así que disfruten das dúas xornadas. Sobre o bautismo en si é unha clase de surf onde explicamos as condicións marítimas, ventos, ondas, tipos de correntes, tipos de táboas, como colocar as partes da táboa, como poñerse de pé e medidas de seguridade na auga. En un curso básico sobre o que deberiamos saber cando esteamos na auga en relación coa seguridade, respectando o medio ambiente e, sobre todo, respectando aos surfistas.
-Durante eses dous dúas celebraranse as probas de Longboard Concello de Burela, terceira proba da Liga FESurfing de Longboard 2026 e Campionato Galego de Longboard. As longboard é un tipo de táboa de surf?
Si, as longboard son as táboas grandes. Adoitan levar unha quilla e son táboas de 9 pés, as máis grandes. O surfing con elas é distinto, é como un surfing máis fluído. Normalmente utilízase para ondas máis pequenas. Tamén hai xente que as utiliza para ondas máis grandes. Con elas podes realizar os cross steps, camiñar pola táboa. Tamén hai maniobras como no surfing de táboa curta, mais as maniobras son moi distintas, xa que por ser tan grande a táboa complica o feito de facer xiros radicais.
-Ti como comezaches no surf?
Pois sempre me gustou o mar ademais de que vivo diante duna praia. E desde ben pequeno sempre lle dicía a miña nai ou ao meu pai: “Mira, eu quero estar aí”, nunha praia de aquí da zona, un lugar onde hai surfistas que viven bastante lonxe da costa. Logo tiven a sorte de poder cumprir ese soño de estar aí e a día de hoxe poder continuar.
-Cal é a túa perspectiva do surf que se practica hoxe en día na Mariña?
Hai moi bos surfistas, iso é certo, mais temos que seguir dándolle para adiante. Si é certo que a Mariña é unha das zonas onde máis tarde se comezou a surfear. A costa de Lugo tivo influencia de Asturias e sobre todo de Ferrol, zonas que nos arrodean mais aínda así, fomos das últimas os últimos surfistas que empezaron nesta área. Noutros lugares igual xa hai quinta ou sexta xeracións de surfistas, mais aquí creo que debo ser pois a terceira, cuarta xeración de surfistas en Burela. Isto ten relación con crear un clube de surf en Burela, pois vexo que aquí somos xente moi nova e oxalá entren máis persoas. Gustaríame que o día de mañá ter dez ou máis persoas para ir surfear e ver as ondas comigo.
