InicioCentralBurelaAcondicionamento da Praza do Concello en Burela coa creación de novo espazo...

Acondicionamento da Praza do Concello en Burela coa creación de novo espazo para descanso

O espazo incluirá novas árbores e mesas para todas as idades, e aproveitará o mobiliario urbano xa existente 

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela continúa coas obras de acondicionamento da praza do Concello, cunha nova actuación que supón un investimento de 44.464€ para crear un novo espazo verde e de lecer.

No proxecto priorizouse o uso do granito como pavimento, a inclusión da zona verde para uso da cidadanía e a reutilización do mobiliario existente, completándoo con mesas para todas as idades, ademais de incorporar tres árbores que aportarán sombra ao novo espazo.

“Con esta pequena actuación vaiselle dar unha nova vida a unha zona que estaba practicamente sen uso, gañando un novo espazo para desfrutar no centro da vila”, explica a alcaldesa de Burela, Carmela López. 

“Queremos que este espazo estea vivo, que non sexa simplemente unha zona pola que pasar, senón un sitio no que apeteza quedar, estar á sombra ou simplemente de contemplación”  sinala a rexedora. “E ademais imos facelo aproveitando mobiliario que xa tiñamos”, engade.

A nova ordenación permitirá ademais abrir visualmente esta zona cara á Praza do Concello e incorporala ao día a día dun dos puntos máis céntricos de Burela. “Non fan falta grandes transformacións para cambiar un lugar, tiñamos un espazo con moitas posibilidades e queremos devolverllo á xente”, apunta López.

As obras están a avanzar estes días coa preparación das diferentes zonas que conformarán o novo espazo. 

 

ÚLTIMAS

Petición de 18 anos de cadea por querer matar o seu padrasto a marteladas en Ribadeo

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este venres o xuízo contra un home acusado...

Interveñen 45 quilos de produtos pesqueiros sen etiquetaxe e documentación comercial en Xove

A Garda Civil interveu 45 quilos de breca, xurelo e sargo que eran transportados...

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...