InicioCentralBurelaBurela colabora co Bal y Gay para unha nova cita coa música...

Burela colabora co Bal y Gay para unha nova cita coa música clásica

A praia Urbana de Burela acollerá este sábado, 8 de agosto, a segunda Festa Acuática do programa municipal “Verán Acuático”

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela colabora un ano máis co Festival Bal y Gay para achegar ao municipio unha nova cita coa música clásica. O vindeiro venres 14 de agosto, ás 20.30 horas, o Auditorio da Casa da Cultura acollerá un concerto da man do tenor Santiago Ballerini, a soprano Berna Perles e o pianista Javier Carmena. 

O programa estará dividido en dúas partes. A primeira reunirá unha selección de pezas de Mozart, Donizetti, Verdi e Puccini, coas obras Idomeneo, Le nozze di Figaro, Don Giovanni, L’elisir d’amore, La forza del destino e La bohème.

Na segunda parte interpretaranse pezas de Amadeo Vives, Pablo Sorozábal, Manuel Fernández Caballero, Javier Carmena e Federico Moreno Torroba, con fragmentos de Doña Francisquita, La del manojo de rosas, El dúo de la Africana, El orgullo de quererte e Luisa Fernanda. 

A concelleira de Cultura, Lina Gómez, salientou a satisfacción do Concello por colaborar co Festival Bal y Gay, “un festival de enorme calidade que nos brinda a oportunidade de achegar a Burela a grandeza e a beleza da música clásica”, afirmou. Gómez engadiu que “para nós é unha satisfacción formar parte, un ano máis, dunha cita cultural tan especial na Mariña”.

A entradas, cun prezo de entre 17 e 21 euros, xa están dispoñibles na web oficial do festival festivalbalygay.com

FESTA ACUÁTICA NA PRAIA URBANA

A praia Urbana de Burela acollerá este sábado, 8 de agosto, a segunda Festa Acuática do programa municipal “Verán Acuático”, entre as 16:30 e as 19:30 horas, unha proposta de lecer dirixida a público familiar.

Durante a xornada instalaranse catro inchables acuáticos, un balancín e un inchable deportivo terrestre. Tamén se poderá practicar kaiak e paddlesurf, completando unha tarde de actividades vinculadas á auga e ao lecer ao aire libre. 

Esta será a segunda cita das festas acuáticas incluídas na programación de “Verán Acuático”, despois da celebrada o pasado mes de xullo. Os días 16 e 23 de agosto poderanse alugar kaiaks e táboas de paddelsurf e o programa rematará cun parque acuático do 27 ao 30 de agosto na praza do Concello e na da Mariña. 

Dende o Concello de Burela animan á veciñanza e ás persoas que visiten a vila a achegarse á praia Urbana e participar nesta cita dunha programación que combina actividade física, convivencia e goce das praias do municipio.

ÚLTIMAS

Petición de 18 anos de cadea por querer matar o seu padrasto a marteladas en Ribadeo

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este venres o xuízo contra un home acusado...

Interveñen 45 quilos de produtos pesqueiros sen etiquetaxe e documentación comercial en Xove

A Garda Civil interveu 45 quilos de breca, xurelo e sargo que eran transportados...

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...