InicioCentralBurelaCarmela López ve "moi positivo" o balance da XL Edición da Feira...

Carmela López ve “moi positivo” o balance da XL Edición da Feira do Bonito

A alcaldesa de Burela explicou que "Produart volveu rexistrar unhas excelentes vendas, demostrando que apostar pola artesanía, polos produtos ecolóxicos e polo comercio de proximidade é un acerto”

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Burela fixo un balance “moi positivo” sobre a XL edición da Feira do Bonito, destacando que “a resposta do público foi extraordinaria durante toda a fin de semana e onte volvemos colgar o cartel de sold out na degustación, unha mostra do enorme atractivo que ten a nosa Feira do Bonito”.

Explicou que “esta feira é moito máis que gastronomía. Produart volveu rexistrar unhas excelentes vendas, demostrando que apostar pola artesanía, polos produtos ecolóxicos e polo comercio de proximidade é un acerto. A tapa elaborada coa Filloa de Muimenta foi tamén moi valorada nesta edición, enriquecendo aínda máis a oferta gastronómica”.

“Ao mesmo tempo, a presentación do festival Osa do Mar, as actividades deportivas, a concentración de vehículos clásicos ou a acción divulgativa sobre a eclipse impulsada pola Deputación de Lugo contribuíron a converter esta fin de semana nunha experiencia completa, pensada para todos os públicos e repartida por distintos espazos da vila”, explicou a alcaldesa.

“A Feira do Bonito é cada vez máis unha celebración de todo o que é Burela: o mar, a gastronomía, a cultura, o deporte, o comercio e a capacidade que temos de traballar unidos. Ese é, sen dúbida, o mellor balance que podemos facer”.

Por último, Carmela López quixo agradecer “o inmenso traballo das voluntarias e voluntarios, das asociacións, do persoal municipal, dos servizos de emerxencias e seguridade, das empresas colaboradoras, das administracións que apoiaron esta edición e de todas as persoas que elixiron Burela esta fin de semana. Grazas a ese esforzo colectivo, a XL Feira do Bonito volve consolidarse como unha das grandes citas do verán en Galicia.”

 

ÚLTIMAS

Morre un home en Foz por un incendio nunha vivenda da localidade

Unha persoa perdeu a vida este xoves tras producirse un incendio nunha vivenda situada...

Burela colabora co Bal y Gay para unha nova cita coa música clásica

O Concello de Burela colabora un ano máis co Festival Bal y Gay para achegar ao municipio unha nova cita coa música clásica. O vindeiro venres 14...

Primeiro parte da AEMET sobre o día da eclipse: Ceos nubrados no Cantábrico e litoral galego, con choivas no leste

O 12 de agosto, día da eclipse solar, será unha xornada marcada por unha...

Ribadeo prevé un aumento de 1.000 habitantes coas 300 vivendas proxectadas no PIA

O alcalde, Dani Vega, dixo que “tanto o Concello como a Xunta estamos a...