InicioCentralBurelaTapeo bonito volve a Burela como antesala da Feira do Bonito

Tapeo bonito volve a Burela como antesala da Feira do Bonito

Catorce establecementos ofrecerán dende o xoves, ata o sábado diferentes propostas gastronómicas elaboradas con bonito do norte

Publicada o

- Advertisement -

O Tapeo Bonito regresa esta semana a Burela cunha nova edición na que participarán catorce establecementos hostaleiros da vila. Dende este xoves e ata o sábado, bares, cafeterías e restaurantes ofrecerán diferentes tapas e elaboracións co bonito do norte como protagonista, como preludio á Feira do Bonito.

A presentación da iniciativa tivo lugar hoxe coa participación da concelleira de Festas e Festexos, Patricia Eijo e da presidenta da Sociedade Cultural Recreativa Ledicia, Rocío Riveira. “O Tapeo Bonito permite seguir poñendo en valor o bonito do norte da man da hostalaría local, que cada ano se implica con propostas moi variadas para ofrecer ao público diferentes formas de degustar este produto”, destacou Patricia Eijo.

Nesta edición participan os establecementos A Chave das Noces, A Lonxa, A’Mares, Arenal, Brétema, Contraste, La Cocina de la Yaya, L’Urbana, Luzern, Nordestina, Os Remos, Salitre, Sargo e Vistalegre.

Unha proposta que complementa a Feira do Bonito

Desde 1983, Burela dedica ao bonito do norte unha feira de exaltación gastronómica, a Feira do Bonito, declarada Festa de Interese Turístico Nacional. O Tapeo Bonito naceu no ano 2021, cando a pandemia impediu a celebración da que sería a XXXVII edición da Feira do Bonito. Co obxectivo de manter viva esa cita, impulsouse unha iniciativa na que a hostalaría local elaborou pratos e tapas co bonito do norte como protagonista. A resposta obtida naquela primeira edición permitiu consolidar a proposta, que dende entón precede cada ano á celebración da Feira do Bonito.

ÚLTIMAS

Morre un home en Foz por un incendio nunha vivenda da localidade

Unha persoa perdeu a vida este xoves tras producirse un incendio nunha vivenda situada...

Burela colabora co Bal y Gay para unha nova cita coa música clásica

O Concello de Burela colabora un ano máis co Festival Bal y Gay para achegar ao municipio unha nova cita coa música clásica. O vindeiro venres 14...

Primeiro parte da AEMET sobre o día da eclipse: Ceos nubrados no Cantábrico e litoral galego, con choivas no leste

O 12 de agosto, día da eclipse solar, será unha xornada marcada por unha...

Ribadeo prevé un aumento de 1.000 habitantes coas 300 vivendas proxectadas no PIA

O alcalde, Dani Vega, dixo que “tanto o Concello como a Xunta estamos a...