InicioCentralBurelaA Familia Real recibe camisetas e unha bufanda do CD Burela FS...

A Familia Real recibe camisetas e unha bufanda do CD Burela FS entre outros agasallos de Galicia

Tamén recibiron un prato conmemorativo da Confraría de Pescadores de Burela

Publicada o

- Advertisement -

A Familia Real recibiu en 2025 un total de 13 agasallos vinculados a Galicia, entre eles a obra completa de Rosalía de Castro, un facsímile de ‘Nós por Castelao’, camisetas e unha bufanda do CD Burela Fútbol sala e unha reprodución da Muralla de Lugo.

Segundo o rexistro feito público este martes pola Casa do Rei, o primeiro dos obsequios foi entregado en febreiro, cando Felipe V recibiu de mans do almirante xefe do Arsenal Militar de Ferrol o libro ‘A obsesión pola orde académica. O Arsenal de Ferrol’.

Uns días despois, o arcebispo de Santiago de Compostela, Francisco José Prieto Fernández, entregou ao monarca o exemplar ‘A Catedral dos Camiños: unha biografía da Igrexa de Santiago’.

En xuño, durante unha audiencia celebrada cos gañadores do concurso escolar ‘Que é un Rei para ti?’, o xefe do Estado recibiu unha maqueta da Muralla de Lugo, entregada por alumnos do Colexio Cervantes de Lugo.

Ese mesmo mes, na visita dos Reyes ao municipio lucense de Burela, tamén recibiron varios agasallos. Felipe VI foi obsequiado cun pin da Fundación Eu Son e os Reis recibiron dúas camisetas personalizadas e unha bufanda do CD Burela Fútbol sala, un prato conmemorativo da Confraría de Pescadores de Burela e unha figura da Fundación Eu Son.

Pola súa banda, a Raíña Letizia, a Princesa de Asturias e a infanta Sofía recibiron, de mans da alcaldesa de Burela, Carmela López Moreno, un colgante e dúas pulseiras.

AGASALLOS Á PRINCESA DE ASTURIAS

A Princesa de Asturias foi a que recibiu maior número de obsequios vinculados á comunidade galega, coincidindo coa súa formación na Escola Naval Militar de Marín.

Así, ao acabar o curso a Xunta entregoulle un lote composto polo libro ‘Rosalía de Castro. Obra completa’, un facsímile de ‘Nós por Castelao’, un cortavientos e un conxunto de pendentes e broche. Durante a súa estancia na Escola Naval tamén recibiu un llavero, un conxunto de pendentes e pulseira e unha fotografía.

A listaxe de obsequios vinculados a Galicia complétase co broche da Armada que recibiu a raíña Sofía de mans do presidente de Navantia, no acto de botadura da F-111 ‘Bonifaz’ celebrado en Ferrol.

UN TOTAL DE 429 AGASALLOS

Os 13 agasallos ligados a Galicia forman parte dos 429 obsequios institucionais que recibiron os membros da Familia Real durante 2025. Felipe V foi o que recibiu un maior número (214), seguido da raíña Letizia (98), mentres que a Princesa de Asturias recibiu 21. En conxunto, os Reyes tamén percibiron 67 presentes, mentres que Dona Sofía e a Infanta Sofía tamén foron obsequiadas.

ÚLTIMAS

Cervo acolle a III Carreira de Andadura o sábado 11 de xullo

O Concello de Cervo acollerá o vindeiro sábado 11 de xullo a III Carreira...

Viveiro acelera a tramitación do PXOM mentres o PSdeG reclama transparencia nos pasos a dar

O Goberno municipal de Viveiro levará a próxima semana (o mércores 15) a un...

Barreiros aclara a cronoloxía da demolición de seis vivendas en Lóngara

Aos efectos de aclarar a situación procesual e procedimental do Concello de Barreiros no...

Presentan en Viveiro a Banda de Música Xuvenil O Landro

 A Banda de Música O Landro presentou no Concello de Viveiro a súa Banda...