InicioCentralBurelaBurela pecha as Letras Galegas con 'Territorio Regueifa'

Burela pecha as Letras Galegas con ‘Territorio Regueifa’

 O espectáculo dirixido por José L. Prieto, coproducido polo Centro Dramático Galego, Ainé e o FIOT de Carballo, representarase na Casa da Cultura a través de AGADIC 

Publicada o

- Advertisement -

A Casa da Cultura de Burela acollerá este sábado 23 de maio a obra ‘Territorio Regueifa’, un espectáculo, recomendado para maiores de 14 anos, de teatro, humor, música e improvisación que achega ao público a arte da regueifa a través das actuacións de dous regueifeiros e unha regueifeira. 

A función chega a Burela a través da AGADIC, cunha proposta dirixida por José L. Prieto e coa coprodución do Centro Dramático Galego con Ainé e o Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo. O elenco conta ademais coa participación do burelao Manolo Maseda, xunto con Lupe Blanco e Josinho da Teixeira.

A obra comezará ás 20.00 horas con entradas a 5 euros e estarán á venda no despacho de billetes unha hora antes do comezo da función.  

ÚLTIMAS

Cervo celebra o Día Mundial do Medio Ambiente coa comunidade educativa

O Concello de Cervo conmemorou este venres o Día Mundial do Medio Ambiente cun...

Ton Blanco: “En Galicia non houbo guerra, houbo unha represión e unha depuración moi duras”

-Coñécese ou tense información sobre o perfil das persoas que foron fusiladas e que...

Continúan os labores de extinción nun edificio de Ribadeo

Os equipos de Emerxencias continúan traballando na extinción dun incendio declarado hai máis de...

Burela leva a Feira do Bonito a Festur 2026

O Concello de Burela participa un ano máis en Festur, a Feira de Festas de Interese Turístico que se celebra no recinto feiral de...