InicioCentralBurelaExpomar converte Burela en referente do mundo da pesca

Expomar converte Burela en referente do mundo da pesca

A sesión de tarde iniciouse cunha presentación sobre a Comisión Nacional de Seguridad y Salud en el Trabajo, que realizou a directora general de Marina Mercante, Ana Núñez.

Publicada o

- Advertisement -

A Fundación Expomar organizou esta semana en Burela as súas 33ª Xornadas Técnicas e o 27º Encontro Empresarial, coa cofinanciación da Consellería do Mar da Xunta de Galicia e o fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura 2021-2027.

O salón de actos da Confraría de Pescadores de Burela acolleu este xoves as XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar, cuxa apertura correu a cargo da conselleira do Mar da Xunta de Galicia, Marta Villaverde, acompañada polo director general de Pesca Sostenible do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación, Ramón de la Figuera, e a presidenta da Fundación Expomar e alcaldesa de Burela, Carmela López.

Ao longo da mañá celebráronse tres mesas de debate, que estiveron moderadas pola xornalista Lucía Rodríguez, e nas que se trataron as principais preocupacións da pesca.

Na primeira delas debatiuse sobre a “xestión pesqueira” desde as diferentes visións do sector e a administración, coa participación de Javier Garat, representando a Cepesca e Europeche, Torcuato Teixeira, no nome da Federación Nacional de Cofradías, e Ramón de la Figuera, do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación.

No segundo dos coloquios debatiron sobre “futuro, releve xeracional e formación” Francisco González, docente en EONP Gijón e ex-director general de Pesca do Principado de Asturias, Ángeles Vázquez, directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Xunta de Galicia, e Manuel Pablos López, subdirector general de Sostibilidad Económica y Asuntos Sociales do MAPA.

A sesión matinal das Xornadas Técnicas pechouse coa mesa sobre “sostibilidade, socioeconomía e consumo”, na que interviñeron os catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela María Bastida e Gumersindo Feijóo, xunto coa nutricionista Adriana Férnandez.

A sesión de tarde iniciouse cunha presentación sobre a Comisión Nacional de Seguridad y Salud en el Trabajo, que realizou a directora general de Marina Mercante, Ana Núñez.

E as Xornadas Técnicas 2026 pecháronse cun debate político sobre a Pesca no Parlamento español, coa intervención de tres parlamentarios galegos en Madrid: Rosa Quintana, do Partido Popular, Patricia Otero, do Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE, e Néstor Rego, do Bloque Nacionalista Galego.

ÚLTIMAS

Cervo celebra o Día Mundial do Medio Ambiente coa comunidade educativa

O Concello de Cervo conmemorou este venres o Día Mundial do Medio Ambiente cun...

Ton Blanco: “En Galicia non houbo guerra, houbo unha represión e unha depuración moi duras”

-Coñécese ou tense información sobre o perfil das persoas que foron fusiladas e que...

Continúan os labores de extinción nun edificio de Ribadeo

Os equipos de Emerxencias continúan traballando na extinción dun incendio declarado hai máis de...

Burela leva a Feira do Bonito a Festur 2026

O Concello de Burela participa un ano máis en Festur, a Feira de Festas de Interese Turístico que se celebra no recinto feiral de...