InicioCentralBurelaExpomar analiza en Burela esta semana a situación da pesca nas súas...

Expomar analiza en Burela esta semana a situación da pesca nas súas Xornadas Técnicas e Encontro Empresarial

As XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar celébranse este xoves no salón de actos da Confraría de Pescadores de Burela.

Publicada o

- Advertisement -

O porto de Burela acolle esta semana as 33ª Xornadas Técnicas e o 27º Encontro Empresarial, que organiza un ano máis a Fundación Expomar co cofinanciamento da Consellería do Mar da Xunta de Galicia e o Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura 2021-2027.

Os profesionais e entidades máis representativas do sector pesqueiro a nivel nacional e europeo danse cita en Burela para abordar os principais retos e dificultades actuais na pesca e debatir acerca do futuro do sector pesqueiro.

Na apertura das Xornadas 2026, que se volverán celebrar no salón de actos da Confraría de Pescadores de Burela, e que se poderán seguir en directo a través da web de expomar.com, estará presente a conselleira do Mar da Xunta de Galicia, Marta Villaverde, acompañada polo director general de Pesca Sostenible do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación, Ramón de la Figuera, e a presidenta da Fundación Expomar e alcaldesa de Burela, Carmela López.

Ao longo da mañá celebraranse tres mesas de debate nas que se tratarán as principais preocupacións da pesca. Na primeira delas debatirase sobre a “xestión pesqueira” desde as diferentes visións do sector e administración, coa participación de Javier Garat, representando a Cepesca e Europeche, Torcuato Teixeira, en nome da Federación Nacional de Cofradías, e Ramón de la Figuera, do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación.

No segundo dos coloquios debatirán sobre “futuro, relevo xeracional e formación” Francisco González, docente en EONP Gijón e ex-director general de Pesca del Principado de Asturias, Ángeles Vázquez, directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Xunta de Galicia, e Manuel Pablos López, subdirector general de Sostibilidad Económica y Asuntos Sociales do MAPA.

A sesión matinal das Xornadas Técnicas pecharase coa mesa sobre “sostibilidade, socioeconomía e consumo”, na que intervirán os catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela María Bastida e Gumersindo Feijóo, xunto coa nutricionista Adriana Férnandez.

A sesión de tarde iniciarase ás 15:30h cunha presentación a cargo da directora general de Marina Mercante, Ana Nuñez, acerca da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo.

E as Xornadas Técnicas 2026 pecharanse cunha novidosa mesa coloquio na que se debatirá sobre a Pesca no Parlamento español, coa intervención de tres parlamentarios galegos en Madrid: Rosa Quintana, do Partido Popular, Patricia Otero, do Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE, e Néstor Rego, do Bloque Nacionalista Galego.

As xornadas estarán guiadas e moderadas pola comunicadora e presentadora de Televisión de Galicia, Lucía Rodríguez.

Previamente, o mércores 13 de maio pola tarde, celébrase nas instalacións de Armadores de Burela o 27 Encontro Empresarial de Organizacións Pesqueiras, no que as entidades sectoriais máis representativas do sector pesqueiro do ámbito galego, español e europeo volverán reflexionar sobre os principais retos da Pesca.

Froito deste novo Encontro redactaranse as “Conclusións 2026”, que resumirán as decisións tomadas durante a sesión e que se farán públicas o día seguinte ao inicio das Xornadas Técnicas.

ÚLTIMAS

Cervo celebra o Día Mundial do Medio Ambiente coa comunidade educativa

O Concello de Cervo conmemorou este venres o Día Mundial do Medio Ambiente cun...

Ton Blanco: “En Galicia non houbo guerra, houbo unha represión e unha depuración moi duras”

-Coñécese ou tense información sobre o perfil das persoas que foron fusiladas e que...

Continúan os labores de extinción nun edificio de Ribadeo

Os equipos de Emerxencias continúan traballando na extinción dun incendio declarado hai máis de...

Burela leva a Feira do Bonito a Festur 2026

O Concello de Burela participa un ano máis en Festur, a Feira de Festas de Interese Turístico que se celebra no recinto feiral de...