InicioCentralBurelaBurela fomenta a inclusión nas aulas con novas actividades nos centros educativos

Burela fomenta a inclusión nas aulas con novas actividades nos centros educativos

O tenente de alcaldesa, Mario Pillado explicou que, “é moi importante a mensaxe que transmite ós nenos e nenas, xa que con esforzo, formación, traballo e a axuda da familia e a comunidade logrou saír adiante”. 

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela desenvolveu unha nova actividade no CEIP Os Castros e no CEIP Vista Alegre no marco das accións impulsadas pola área de Inmigración, centrada en achegar ao alumnado experiencias reais de integración social e laboral. Nesta ocasión, a protagonista foi Emma Gala, unha moza de orixe peruana que reside en Burela coa súa familia dende hai anos. 

Durante as sesións, Emma Gala compartiu coa rapazada a súa traxectoria vital e profesional, así como o proceso que a levou a migrar e establecerse no municipio, onde, segundo explicou, atopou oportunidades para ela e a súa familia.

O tenente de alcaldesa, Mario Pillado explicou que, “é moi importante a mensaxe que transmite ós nenos e nenas, xa que con esforzo, formación, traballo e a axuda da familia e a comunidade logrou saír adiante”.

Pillado subliñou a importancia de trasladar ao alumnado experiencias reais que permitan comprender mellor os procesos migratorios e fomentar valores de inclusión e respecto. 

O programa continuará os próximos 11 e 12 de maio coa visita aos centros de secundaria IES Perdouro e IES Monte Castelo.

Esta actividade forma parte do programa de inclusión social da poboación inmigrante, financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e cofinanciado pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027. 

 

ÚLTIMAS

A Xunta autoriza a planta de residuos non perigosos de Ribadeo aínda que recoñece “aumento de pó e ruido”

A Xunta formulou o informe de impacto ambiental do proxecto de ampliación do centro...

A Mariña sentirá a potencia dos motores co seu VIII Rally que se celebrará esta fin de semana

Esta tarde presentouse en Viveiro a oitava edición do Rally da Mariña Lucense, que...

Fundación Expomar presenta o novo formato das súas xornadas técnicas

A Fundación Expomar, co cofinanciamento da Consellería do Mar da Xunta de Galicia e...

O PP de Foz vota en contra da creación dun PAC en Foz: “o modelo actual funciona”

O Partido Popular de Foz no p en contra da proposta presentada pola esquerda...