InicioCentralBurelaA 'Xeración Peixe' de Expomar finaliza despois de meses de actividades e...

A ‘Xeración Peixe’ de Expomar finaliza despois de meses de actividades e un congreso celebrado en Burela

A Casa da Cultura de Burela acolleu a celebración do “Congreso da infancia e a adolescencia: sustentabilidade da actividade pesqueira e consumo responsable”

Publicada o

- Advertisement -

 

O proxecto “Xeración Peixe”, do que a Fundación Expomar leva organizando diferentes actividades desde o mes de outubro, culminou este xoves 30 de abril no “Congreso da infancia e da adolescencia”.

A Casa da Cultura de Burela acolleu a celebración do “Congreso da infancia e a adolescencia: sustentabilidade da actividade pesqueira e consumo responsable”, que promove a Fundación Expomar co cofinanciamento do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura 2021-2027 e a Xunta de Galicia a través do GALP A Mariña-Ortegal.

O congreso da ‘Xeración Peixe’ congregou este xoves a centos de xoves e maiores en xornada de mañá e tarde con diferentes actos orientados tanto aos centros educativos como ao público en xeral.

O concelleiro do Mar de Burela, Ramiro Fernández, abriu a congreso desexando aos estudantes presentes que disfrutaran dunha xornada “creada por vós e para vós, que sodes os grandes protagonistas da Xeración Peixe”.

A presidenta da Fundación Expomar e alcaldesa de Burela, Carmela López, recordoulles que Burela é coñecida en todo o país precisamente pola importancia que ten no mundo do mar. Recoñeceuse parte dunha “xeración” moi especial, “en Burela case temos escamas, porque entendemos o mar como unha forma de vida”.

A alcaldesa de Burela lembroulles a sorte que teñen de poder medrar cerca do mar, vendo barcos que van e veñen cargados de peixe, e pediulles que se sintan “orgullosos de ser de Burela e de vivir en Burela, onde familias enteiras levan toda a vida dedicándose ao mar e facendo que Burela medre”.

A conselleira do Mar da Xunta de Galicia, Marta Villaverde, amosouse honrada de formar parte desta xornada, felicitando á Fundación Expomar, aos representantes locais e a todos os centros educativos e residencias colaboradoras pola organización desta “fantástica iniciativa” que reafirma a Burela como un epicentro da cultura mariña en Galicia.

A conselleira subliñou a importancia de consolidar hábitos de vida saudables entre os menores e garantir o futuro do sector pesqueiro galego con proxectos como ‘Xeración Peixe’, destacando que fomentar o consumo de peixe e marisco entre nenos e adolescentes ocupa un lugar “absolutamente prioritario para a Xunta”. Unha alimentación sa é a base da nosa saúde e “o peixe é un dos piares da nosa dieta atlántica, con múltiples beneficios nutricionais”.

Para Galicia o mar é cultura e identidade, e está presente en toda a nosa vida, polo que Villaverde valorou tamén “o interese, a creatividade e o compromiso de todos os participantes que fixeron posible este proxecto”.

Nesta entrada institucional estiveron presentes representantes do GALP A Mariña-Ortegal, como o seu presidente, Javier Martínez Otero, e a xerente, Rosa Ana González; o director territorial de Pesca da Xunta de Galicia, Alexandre Piñeiro; así como diferentes representantes da corporación municipal, como o tenente de alcaldesa, Mario Pillado, e representantes do Padroado da Fundación Expomar e da confraría de pescadores

Rosa Muñiz, de Cidadania S. Coop Galega, presentou as actividades levadas a cabo nos últimos sete meses neste proxecto, e foi dando paso ás diferentes intervencións: os resultados da investigación “Ti es de peixe?”; a motra de “Crebas mariñas” trala limpeza das praias; a entrega de premios do certame literario “Tinta de lura”, a cargo da escritora burelesa Antía Yañez; a presentación do “Petisco de peixe” a cargo de Higinio Díaz, profesor da Escola de Hostalería do IES de Foz; e presentación do receitario “Maragota á pota”.

A xornada de mañá completouse cunha actividade lúdica de A Mariña Lab, unha actuación musical da Fundación Legar e a proxección do vídeo resumo das actividades levadas a cabo dentro do proxecto ‘Xeración Peixe’. O broche final púxoo unha degustación de produtos pesqueiros realizados polos alumnos da Escola de Hostalería do IES de Foz.

Xa pola tarde, recordarase a celebración dos obradoiros interxeracionais, que xuntaron a grupos de mocidade do Concello de Burela con persoas usuarias da residencia de maiores e do centro de día de Burela, onde recolleron contos, lendas, receitas ou historias para recuperar os saberes e sabores do patrimonio de Burela.

Na xornada de pola tarde haberá unha sucesión de diferentes relatorios sobre o mar, a alimentación e gastronomía, saúde e nutrición. Tamén haberá outra actuación musical da Fundación Legar e de novo a proxección do vídeo resumo das actividades levadas a cabo dentro do proxecto ‘Xeración Peixe’. E o Congreso pecharase cunha desgustación de producto pesqueiro a cargo da Fundación Expomar.

ÚLTIMAS

A Xunta autoriza a planta de residuos non perigosos de Ribadeo aínda que recoñece “aumento de pó e ruido”

A Xunta formulou o informe de impacto ambiental do proxecto de ampliación do centro...

A Mariña sentirá a potencia dos motores co seu VIII Rally que se celebrará esta fin de semana

Esta tarde presentouse en Viveiro a oitava edición do Rally da Mariña Lucense, que...

Fundación Expomar presenta o novo formato das súas xornadas técnicas

A Fundación Expomar, co cofinanciamento da Consellería do Mar da Xunta de Galicia e...

O PP de Foz vota en contra da creación dun PAC en Foz: “o modelo actual funciona”

O Partido Popular de Foz no p en contra da proposta presentada pola esquerda...