InicioCentralBurelaExpomar celebra este xoves o Congreso da Infancia e Adolescencia

Expomar celebra este xoves o Congreso da Infancia e Adolescencia

A Fundación Expomar traballa desde outubro de 2025 nas diferentes actividades do proxecto “Xeración Peixe”, que se completa esta semana co “Congreso da infancia e da adolescencia”.

Publicada o

- Advertisement -

Este xoves 30 de abril celébrase na Casa da Cultura de Burela o “Congreso da infancia e a adolescencia: sustentabilidade da actividade pesqueira e consumo responsable”, que promove a Fundación Expomar co cofinanciamento do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura 2021-2027 e a Xunta de Galicia a través do GALP A Mariña-Ortegal.

A conselleira do Mar da Xunta de Galicia, Marta Villaverde, a presidenta da Fundación Expomar e alcaldesa de Burela, Carmela López, e o concelleiro do Mar de Burela, Ramiro Fernández, abrirán o congreso, que se celebrará en xornada de mañá, desde as 10h, orientada aos centros educativos, e sesión de tarde, desde as 17h, dirixida tamén ao público adulto.

O resultado de todos os traballos realizados desde o mes de outubro de 2025 neste proxecto, coa participación de diferentes sectores de actividade e públicos de distintas xeracións, desde centros de ensino ata centros de maiores e de inclusión social, expoñerase neste congreso a través de diferentes relatorios e mostras de artesanía, cultura, medio ambiente, literatura e gastronomía.

Os participantes na xornada recibirán como agasallo diferentes pezas elaboradas pola Fundación Eu Son e Saúde Mental A Mariña dentro da actividade ‘Arte Mareiro’, que se integraba no propio proxecto e que incluía o deseño e realización de pezas e material do congreso: unhas bolsas de tea e unhas figuriñas dun faro.

O “Congreso da infancia e a adolescencia” congregará este xoves a centos de xoves e maiores da denominada ‘Xeración Peixe’ no broche final dun proxecto co que a Fundación Expomar quere seguir consolidando a promoción do sector pesqueiro a través da implicación de diferentes sectores da sociedade: a administración, a pesca, os centros de maiores, os centros educativos e a gastronomía.

ÚLTIMAS

A Xunta autoriza a planta de residuos non perigosos de Ribadeo aínda que recoñece “aumento de pó e ruido”

A Xunta formulou o informe de impacto ambiental do proxecto de ampliación do centro...

A Mariña sentirá a potencia dos motores co seu VIII Rally que se celebrará esta fin de semana

Esta tarde presentouse en Viveiro a oitava edición do Rally da Mariña Lucense, que...

Fundación Expomar presenta o novo formato das súas xornadas técnicas

A Fundación Expomar, co cofinanciamento da Consellería do Mar da Xunta de Galicia e...

O PP de Foz vota en contra da creación dun PAC en Foz: “o modelo actual funciona”

O Partido Popular de Foz no p en contra da proposta presentada pola esquerda...