InicioCentralBurelaBurela acolle cursos formativos para persoas estranxeiras e a preparación de probas...

Burela acolle cursos formativos para persoas estranxeiras e a preparación de probas oficiais

As accións, promovidas por Ecos do Sur, inclúen formación en español e preparación para o exame de nacionalidade, e celebraranse unha vez se complete o grupo de participantes 

Publicada o

- Advertisement -

Burela acollerá dous cursos formativos dirixidos a persoas estranxeiras, organizados por Ecos do Sur. Por unha banda, desenvolverase un curso de preparación para a proba CCSE do Instituto Cervantes, cunha duración de 40 horas. Por outra, ofértase un curso de español para persoas estranxeiras, cun total de 80 horas de formación. 

A inscrición permanece aberta sen data límite establecida, e as datas de inicio dos cursos programaranse unha vez se complete o grupo de persoas participantes.

As persoas interesadas inscribirse a través do número de teléfono 982 580 609 ou de maneira presencial no Concello de Burela.

Segundo explicou o tenente de alcaldesa, Mario Pillado, estas iniciativas buscan facilitar o acceso á formación e favorecer os procesos de integración das persoas estranxeiras residentes no municipio. 

ÚLTIMAS

A Xunta autoriza a planta de residuos non perigosos de Ribadeo aínda que recoñece “aumento de pó e ruido”

A Xunta formulou o informe de impacto ambiental do proxecto de ampliación do centro...

A Mariña sentirá a potencia dos motores co seu VIII Rally que se celebrará esta fin de semana

Esta tarde presentouse en Viveiro a oitava edición do Rally da Mariña Lucense, que...

Fundación Expomar presenta o novo formato das súas xornadas técnicas

A Fundación Expomar, co cofinanciamento da Consellería do Mar da Xunta de Galicia e...

O PP de Foz vota en contra da creación dun PAC en Foz: “o modelo actual funciona”

O Partido Popular de Foz no p en contra da proposta presentada pola esquerda...