InicioCentralBurelaA 'Oca Inmigrante' en Burela promove a convivencia e inclusión entre alumnado...

A ‘Oca Inmigrante’ en Burela promove a convivencia e inclusión entre alumnado de primaria

Esta actividade enmárcase dentro das accións de mediación social e intercultural incluídas no programa dirixido á inclusión social da poboación inmigrante

Publicada o

- Advertisement -

 

O Concello de Burela, a través da súa área de Inmigración, desenvolveu estes días a actividade “Oca Inmigrante” nos centros de educación primaria CEIP Os Castros e CEIP Vista Alegre, no marco da programación de accións dirixidas á loita contra a discriminación racial.

A iniciativa, dirixida ao alumnado máis novo, combinou o xogo coa aprendizaxe para achegar aos nenos e nenas a realidade das migracións, así como as diferentes situacións de desigualdade e inxustiza ás que se enfrontan as persoas migrantes. A través desta dinámica participativa, o alumnado puido reflexionar e comprender, dun xeito adaptado á súa idade, conceptos clave relacionados coa diversidade, o respecto e a convivencia.

Dende o concello destacan a boa acollida da actividade e o alto nivel de implicación do alumnado: “Aledámonos moito vendo aos máis pequenos e pequenas tan contentos e participativos no xogo e, ao mesmo tempo, comprobando como reciben e analizan a información que se lles transmite sobre esta temática. Trátase de que, dende moi pequenos, poidamos construír con eles unha sociedade máis inclusiva, respectuosa e aberta”.

Esta actividade enmárcase dentro das accións de mediación social e intercultural incluídas no programa dirixido á inclusión social da poboación inmigrante. O programa está financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e cofinanciado pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.

ÚLTIMAS

A Xunta autoriza a planta de residuos non perigosos de Ribadeo aínda que recoñece “aumento de pó e ruido”

A Xunta formulou o informe de impacto ambiental do proxecto de ampliación do centro...

A Mariña sentirá a potencia dos motores co seu VIII Rally que se celebrará esta fin de semana

Esta tarde presentouse en Viveiro a oitava edición do Rally da Mariña Lucense, que...

Fundación Expomar presenta o novo formato das súas xornadas técnicas

A Fundación Expomar, co cofinanciamento da Consellería do Mar da Xunta de Galicia e...

O PP de Foz vota en contra da creación dun PAC en Foz: “o modelo actual funciona”

O Partido Popular de Foz no p en contra da proposta presentada pola esquerda...