InicioCentralBurelaDetidas dúas persoas en Burela por presunto delito de tráfico de drogas

Detidas dúas persoas en Burela por presunto delito de tráfico de drogas

No desenvolvemento da actuación policial, os axentes incautaron varias doses dunha substancia que, a falta de análise, presenta características compatibles coa cocaína, preparadas para a súa venda e ocultas na barra do establecemento

Publicada o

- Advertisement -

A Garda Civil detivo dúas persoas como supostas autoras dun delito contra a saúde pública, na súa modalidade de tráfico de drogas.

A actuación policial iniciouse tras ter coñecemento da posible existencia de actividades relacionadas coa venda de substancias estupefacientes polo miúdo nun establecemento de ocio situado na localidade burelense. Nos últimos meses, intensificáronse as pescudas, logrando obter os investigadores indicios relevantes que apuntan á comisión de dito ilícito penal.

Finalmente, na madrugada de onte levouse a cabo un operativo no que participaron diversas unidades da Garda Civil, entre elas un guía canino con can detector de drogas. Durante a inspección do local, procedeuse á detención dos seus dous responsables, veciños de Burela, ambos de 37 anos de idade e de nacionalidade caboverdiana.

No desenvolvemento da actuación policial, os axentes incautaron varias doses dunha substancia que, a falta de análise, presenta características compatibles coa cocaína, preparadas para a súa venda e ocultas na barra do establecemento. Unha das persoas detidas tratou de desfacerse das substancias no momento da intervención.

Así mesmo, interviñéronse 285 euros en efectivo e dous teléfonos móbiles. Do mesmo xeito, formuláronse un total de oito denuncias administrativas por diversas infraccións detectadas durante a inspección, entre elas, tenencia de armas brancas, infraccións á normativa de estranxeiría, permitir fumar no interior do establecemento e carecer da correspondente sinalización de prohibición.

ÚLTIMAS

Burela acolle cursos formativos para persoas estranxeiras e a preparación de probas oficiais

Burela acollerá dous cursos formativos dirixidos a persoas estranxeiras, organizados por Ecos do Sur....

ACISA integra hoxe os negocios da Praza de Abastos logo do acordo entre patronal local e Asociación de Praceiros

Acisa integra dende hoxe á Praza de Abastos de Ribadeo, tras a sinatura do...

O comité de empresa de Alcoa reclama unha reunión co Goberno ante a situación do sector do aluminio

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, en Cervo, pide unha reunión...

Conferencia ‘A cova de San Xoán Vello: novas achegas desde a arqueoloxía’ en Viveiro

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro mércores 22 de abril, ás 20:00 horas, na...