InicioCentralBurelaBurela actualizará as taxas de auga e sumidoiro segundo obriga o contrato

Burela actualizará as taxas de auga e sumidoiro segundo obriga o contrato

O pleno abordará tamén a formalización da cesión de uso dun local situado na Rúa do Río número 10 á Federación Galega de Fútbol, un paso que o Concello valora moi positivamente e considera unha oportunidade real para seguir consolidando a Burela como referente deportivo na Mariña Lucense

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela celebrará mañá, xoves 26 de marzo, ás 20:00 horas un pleno ordinario no Salón de Plenos, sen opción de participación a distancia.

Entre os principais asuntos da orde do día figuran dous expedientes relacionados coas ordenanzas fiscais da taxa pola prestación do servizo de sumidoiro e da taxa pola distribución de auga, incluíndo os dereitos de enganche, colocación e utilización de contadores. A actualización destas taxas responde ao cumprimento dunha obriga contractual establecida de antemán. O contrato vixente fixa que a revisión das tarifas se realizará tomando como referencia o IPC interanual de agosto a agosto, un mecanismo habitual nos servizos municipais que ten por obxecto garantir o equilibrio económico na prestación dos mesmos e evitar descuadres financeiros.

O pleno abordará tamén a formalización da cesión de uso dun local situado na Rúa do Río número 10 á Federación Galega de Fútbol. Segundo o Concello non é casualidade que Burela sexa o concello con máis licencias federativas de toda a Mariña, un dato que fala por si só da fortaleza do tecido deportivo local e do compromiso da veciñanza co deporte organizado. “Contar cun espazo estable para a Federación Galega de Fútbol no municipio non só reforza os vínculos institucionais entre ambas as partes, senón que supón un recoñecemento implícito ao papel que Burela xoga no panorama futbolístico e deportivo da comarca”. O Concello confía en que esta cesión “redunde en beneficio directo dos clubs, das persoas federadas e, en definitiva, de toda a comunidade deportiva burelesa”.

A continuación da parte resolutiva da orde do día, terá lugar a actividade de control e a presentación de mocións por parte dos diferentes grupos municipais.

ÚLTIMAS

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...

O sector pesqueiro reclama a Bruxela levantar o veto sobre o palangre “pedra-bola”

CEPESCA, Europêche e OPP Burela reclamaron este mércores no Parlamento Europeo unha modificación urxente...

PP de Lugo acusa ao Goberno de “esconder o seu incumprimento” coa autovía da Mariña

O senador do PP pola provincia de Lugo José Manuel Balseiro acusou ao Goberno...