InicioCentralBurelaBurela promove a alimentación saudable cunha sesión informativa para este venres

Burela promove a alimentación saudable cunha sesión informativa para este venres

A sesión desenvolverase na Biblioteca do Centro de Saúde de Burela e estará dirixida polo equipo de REGAPS da Dirección Xeral de Saúde Pública no marco do Programa de Promoción da Saúde.

Publicada o

- Advertisement -

O Centro de Saúde de Burela acollerá este venres, 27 de marzo, unha actividade centrada na alimentación saudable, que terá lugar despois do paseo saudable organizado conxuntamente pola Estratexia Nacional de Saúde do Concello e o Centro de Saúde.

A sesión desenvolverase na Biblioteca do Centro de Saúde de Burela e estará dirixida polo equipo de REGAPS da Dirección Xeral de Saúde Pública no marco do Programa de Promoción da Saúde. A actividade require inscrición previa no Concello de Burela ou a través do teléfono 982 586 000.

Durante a xornada abordaranse contidos teóricos e dinámicas prácticas relacionadas coa alimentación equilibrada, empregando ferramentas como o prato de Harvard, a preparación de alimentos de forma saudable e a planificación de comidas. O obxectivo da sesión é facilitar que a cidadanía poida incorporar hábitos saudables no seu día a día baixo o principio de que “a opción saudable sexa a máis doada de elixir” .

O primeiro tenente de alcaldesa de Burela, Mario Pillado, destacou a importancia deste tipo de iniciativas, sinalando que “a promoción de hábitos de vida saudables é unha prioridade para o Concello, e actividades como esta permiten achegar información útil e práctica á veciñanza”.  

 

ÚLTIMAS

Burela acolle cursos formativos para persoas estranxeiras e a preparación de probas oficiais

Burela acollerá dous cursos formativos dirixidos a persoas estranxeiras, organizados por Ecos do Sur....

ACISA integra hoxe os negocios da Praza de Abastos logo do acordo entre patronal local e Asociación de Praceiros

Acisa integra dende hoxe á Praza de Abastos de Ribadeo, tras a sinatura do...

O comité de empresa de Alcoa reclama unha reunión co Goberno ante a situación do sector do aluminio

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, en Cervo, pide unha reunión...

Conferencia ‘A cova de San Xoán Vello: novas achegas desde a arqueoloxía’ en Viveiro

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro mércores 22 de abril, ás 20:00 horas, na...